Unha sensación fermosa percorre o meu corpo cando descubro una voz poética que levaba tempo agardando. Chus Pato é unha destas escritoras que desde sempre quixen ler e que coñezo grazas ao seu recente poemario, titulado precisamente Un libre favor. Con el, a autora ourensá logra conquistarme para sempre, sobre todo porque, xa no segundo […]
“Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”. Supoño que é un desexo común de todos os nenos e nenas o de querer vivir unha aventura inesquecible. Por iso, aínda cando a realidade teime en parecer normal, a […]
Para cando a rutina converte os nosos días en aburridos e tristeiros, non existe remedio mellor que deixarse levar por historias esperanzadoras que chegan a nós en forma de libros. Unha destas marabillas que alegran os días é O color de bágoas, escrito por Franca Perini e cunhas ilustracións moi potentes e singulares de Anna […]
Ler as dedicatorias dos libros supón sempre unha revelación, unha premonición sobre o que traerá de novo a historia que estamos a piques de iniciar. Nesas citas do comezo agóchase a esencia dos libros. No de Óstraka de Luís Valle, a cita de Alejandra Pizarnik revélanos os argumentos que tratarán os poemas do lugués. Din […]
“Cando unha non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda. E punto, sobre todo pasa isto cando unha é unha e non é un. As saias impiden todo, de sempre. Coan o aire polos baixos arrefriando as pernas, o cu e o que non é […]
“Nunca ninguén nos agarda. Xamais preguntaron por nós”. Dedicar un poemario aos ‘sen teito’ paréceme marabilloso, unha reivindicación do dereito a seren persoas, a sentiren medo e a impresionarse ante o día a día. Deles e delas fala Rosalía Fernández Rial nos versos de Vinte en escena, que se ensamblan á perfección coas ilustracións de […]
Hai un tempo que me interesa afondar na literatura infantil e xuvenil, e na historia da súa xénese. De aí que o libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, escrito por Miguel Vázquez Freire, se me presentase como unha oportunidade única para indagar nos títulos que construíron o canon da literatura para nenos e nenas, os […]
“Acumulamos obxectos inútiles e ninguén nos obriga a sentirnos orgullosos deles. Rexeitamos a idea dun obxecto final que remate a colección porque suporía a rendición. Por iso nunca damos una colección por pechada. A vida é gris se non hai ambición. Para nós, o coleccionismo é a escusa ideal para vernos e… divertirnos”. Existen certos […]
“- Por que…? – dixo-. Por que papá ten que ler o xornal? – Ha! Pregunta doada – dixo o lobo-. O teu pai está enfeitizado, sabes? – Enfeitizado? – preguntou Zackarina. – Si, claro, ou hipnotizado dalgún xeito. Os seus ollos están atrapados polo xornal, por esas letras pequeniñas e escuras, e agora non […]
“E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces. Ese que chama pola desesperación nos momentos de descanso. O que berra nas tardes de verán por unha […]