Un libre favor

Chus Pato, autora do poemario "Un libre favor"

Unha sensación fermosa percorre o meu corpo cando descubro una voz poética que levaba tempo agardando. Chus Pato é unha destas escritoras que desde sempre quixen ler e que coñezo grazas ao seu recente poemario, titulado precisamente Un libre favor. Con el, a autora ourensá logra conquistarme para sempre, sobre todo porque, xa no segundo texto contido aquí, atopamos unha mensaxe eminentemente feminista.

Seriamente

Aquí

Só estamos nós

As que non podemos ser ouvidas nin ser vistas”.

Sitúanse estes versos no camiño do cotiá, na verdade que atopamos nas cousas, nos espazos e nas xentes, cando xa levamos moita vida avanzada. Neste camiño, tamén as homenaxes e os recordos cara aos que xa non están cobran maior importancia, e por iso damos cun poema dedicado ao tamén poeta falecido hai uns anos Francisco Cortegoso, ou outro a Gonzalo Hermo, un dos máximos expoñentes da lírica galega contemporánea.

Cando leo os versos de Chus Pato atópome con símbolos plenamente identificables e que ten tratado ao longo da súa carreira, como é o caso da defensa a ultranza da lingua e da identidade galegas. Así, di nun dos versos, “se un druída viñese hoxe na miña lingua / sería unha columna de verdor”. Tamén, e como xa comentaba no caso doutro poemario que veño de ler recentemente, Óstraka de Luís Valle, a propia construción literaria é protagonista de Un libre favor. Non en van, cara á metade do libro, atopamos uns versos que expresan esas inquedanzas na busca de explicacións sobre o mundo:

xurou

que aprendería a arte das palabras

que poñería en xogo a vida

daríalles caza

traeríaas”.

Gústame ler a Chus Pato porque é quen de xuntar o concreto co abstracto para provocar en nós sensacións revolucionarias. Creo que poucas poetas dominan tanto e tan ben a contención poética.

cando digo esa forza é a natureza

digo a linguaxe sapiens é a natureza”.

Ficha técnica

Título: Un libre favor

Autora: Chus Pato

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 102

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.