O colar de bágoas

Para cando a rutina converte os nosos días en aburridos e tristeiros, non existe remedio mellor que deixarse levar por historias esperanzadoras que chegan a nós en forma de libros. Unha destas marabillas que alegran os días é O color de bágoas, escrito por Franca Perini e cunhas ilustracións moi potentes e singulares de Anna Pedron.

Estamos diante dun texto curto pero cunhas mensaxes que van máis alá e nos empuxan a seguir pensando as nosas formas de vida e de afrontar os problemas.

Buscaba bágoas por todos os lugares.

cando as atopaba,

recollíaas con delicadeza”.

O colar de bágoas é un intenso mapa de emocións que, cos seus textos e imaxes, nos leva a transitar por algúns dos moitos momentos vitais nos que as persoas choramos e liberamos bágoas de dor. Cunha melancolía que impregna as súas páxinas, esta historia combina a poesía coa filosofía para ensinarnos que, aínda que existan tempos e circunstancias complexas, sempre é cuestión de perspectiva o saber afrontalas e aprender algo delas.

Ao traverso de mensaxes reivindicativas sobre o maltrato, a ecoloxía, a enfermidade, a dor ou as decepcións, Franca Perini e Anna Pedron lévannos da man para presentarnos un libro máxico, cuxos textos apelan ao noso sentir último e con ilustracións que nos fan reclamar o lugar que as sensacións perderon nas vidas actuais.

Nos tempos que corren, a miúdo escoito aos pais e ao profesorado comentar que os nenos e nenas non saben expresar o que lles pasa, que non dominan os sentimentos. É precisamente aí, nese espazo de busca de comprensión e de identidade, onde se sitúa este libro, cuxa maior virtude radica en axudar a visibilizar o que sentimos e, por que non, tamén normalizar as frustracións e o sufrimento. Esta mensaxe conséguese cos textos pero, tamén, coas ilustracións cálidas e elegantes da artista italiana Anna Pedron, o que fai deste libro unha auténtica obra de arte que chegará tanto á cativada como a persoas máis maiores ávidas de libros que rompan rutinas.

Na web de Kalandraka podedes ver un adianto do libro.

Ficha técnica

Título: O colar de bágoas

Autora dos textos: Franca Perini

Ilustradora: Anna Pedron

Traducción: Xosé Ballesteros

Editorial: Kalandraka

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 32

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.