Óstraka

Luís Valle escribe Óstraka, un poemario contra o esquecemento

Ler as dedicatorias dos libros supón sempre unha revelación, unha premonición sobre o que traerá de novo a historia que estamos a piques de iniciar. Nesas citas do comezo agóchase a esencia dos libros. No de Óstraka de Luís Valle, a cita de Alejandra Pizarnik revélanos os argumentos que tratarán os poemas do lugués. Din estes versos: “recuerdo con todas mis vidas por qué olvido”. E nese xogo sitúanse os versos que o autor escribe para loitar contra o esquecemento.

Óstraka incide nas emocións, que son a única parte que resta nas persoas cando o esquecemos practicamente todo. Os versos son pequenas armas que nos impulsan á reacción, a ver a realidade de fronte aínda que esta doia máis do que criamos. Percorremos o poemario como se estivésemos na procura dun bote salvavidas cando nos falta ata o alento. E atopamos citas que fan proer a ferida pero tamén axudan a que esta vaia cicatrizando. Porque, como se di nun dos versos do principio, “a seguinte vez que te vin eras xa un navío roto”.

A voz poética desta Óstraka confesa que escribe para buscar o fogar, o espazo no que no pasado fora feliz e compartira coa familia e as amizades. Pero, acontece que, tarde ou cedo, os alicerces dese espazo, se estremecen e asolagan por completo as vidas dos que o habitan. Aí, nese contraste entre a presencia e a ausencia sitúase a lírica de Luís Valle, que tamén tenta condensar o legado, apreixar nas mans e na mente a memoria do que foi e xa nunca máis será.

Este poemario cavila, pois, sobre as xentes que estiveron e xa non están, cunha atención especial tamén aos espazos que constrúen a nosa memoria viva e que voan coma o vento.

Está a casa pechada nas vellas palabras.

[…] Ama e teme

abrir esa caixa de música sen dono

por se a boneca con tutú fose máis ben

danza do dervixe

e incendiase de novo o corazón do bosque:

por se soara dentro de ti

a pratería dun universo

incomprensiblemente ferido na lingua”.

Hai tamén aquí unha indagación necesaria sobre o acto mesmo de escribir, de crear versos que simbolizan “un tempo morto” ou “un descanso de min mesmo”, como se expresa no poema titulado “Tempo morto”; ou cando se di “que o verso sexa agulla e cosa territorios devastados!”. Sen dúbida estamos diante dun libro para reivindicar os recordos e a maxia das palabras.

Ficha técnica

Título: Óstraka

Autor: Luís Valle

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 165

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.