A pequena compaña

As nenas e os nenos dispoñen na actualidade de moitos libros apaixoantes que recollen historias coas que se atraparán de principio a fin. Historias como as de A pequena compaña, de Carlos Labraña, VIII Premio Estornela, na que se recollen moitas das mitoloxías e lendas que están desaparecendo, ao tempo que axudan a repensar conceptos […]

Leer Más

Xela Arias e o compromiso social

A Xela Arias sorprendeuna a morte no ano 2003 cando viña de dar ao prelo o seu derradeiro poemario, Intempériome. Aos seus 41 anos deixábanos orfos de letras e co desexo frustrado dunha carreira literaria que, de non ter falecido, daría moitísimo que falar. Malia o curto da súa traxectoria vital e profesional, a escritora […]

Leer Más

O inferno

Henri Barbusse, autor d' O inferno

No tempo do efémero e da rapidez mediática, resulta case un atrevemento recomendar a lectura da novela de Henri Barbusse, O inferno. Mais o certo é que resulta moi necesaria para xerar debate e levarnos cara a defensa dun mundo no que puxemos polo pensamento crítico e a reflexión pausada. Corría o ano 1873 cando […]

Leer Más

Fronteira paraíso

Silvia Penas Estévez, autora do poemario "Fronteira paraíso"

Apertar forte a herdanza percibida, os territorios atopados, as persoas que nos constrúen. Iso é o que me suxire Fronteira paraíso, o último poemario de Silvia Penas Estévez, publicado marabillosamente pola Editorial Urutau, e acompañado dunhas fermosas fotografías de Jesús Andrés Tejada que amplían os simbolismos e a profundidade presentes nos versos. O primeiro que […]

Leer Más

Guadi Galego. Pola beira da canción

Guadi Galego é a protagonista do primeiro libro sobre biografías de músic@s galeg@s de Edicións Embora

Escoitaba o outro día a unha poeta que desexaba que “oxalá escribir en galego non sexa algún día un acto militante, pois iso significaría que xa está plenamente normalizado”. Esta mesma visión serviría para explicar a situación da música na nosa lingua, pois facer e escoitar música en galego continúa a ser una labor de […]

Leer Más

Beleza vermella

Arantza Portabales, autora de "Beleza vermella"

Arantza Portabales di que gusta de escribir sobre o que lle acontece á xente, sobre a felicidade e a tristeza e os sucesos pequenos que nos conforman como persoas. Esta idea é a que fía as súas historias, sexas novelas ou micro relatos (ese xénero que ela manexa á perfección), e que nos leva a […]

Leer Más

Infamia

Ledicia Costas, autora de "Infamia"

Todas as persoas convivimos cun trauma, o cal ás veces que se supera e outras non. Esta reflexión fíxoa Ledicia Costas na presentación en Bueu (Pontevedra) da súa novela Infamia, e con ela resúmese parte do contido da historia tan cruenta e á vez ateigada de beleza que nos conta. Acostumados como nos ten a […]

Leer Más

1[14]1, de Alberte Momán

Alberte Momán, autor do poemario bilingüe "Tripas"

Na nosa vida todo é cuestión de etapas. Tamén as lecturas. Por iso este ano medra en min a busca de poemas que sexan en si mesmos unha loita, un berro ante a inxustiza e que, ao mesmo tempo, me fagan amar aínda máis a palabra escrita. Nesta etapa revolucionaria (que, por certo, non quero […]

Leer Más

Camuflaxe

Lupe Gómez, autora do poemario "Camuflaxe"

A narrativa galega precisa de propostas tan arriscadas e revolucionarias como a Camuflaxe de Lupe Gómez. Ela serve de ponte ás miles de mulleres anónimas que desde sempre traballaron arreo a nosa terra e que nunca foron recoñecidas. E xa está ben do silencio. “Ti non tiñas soños Porque as mulleres da aldea non soñan. […]

Leer Más

Dentro da literatura

Suso de Toro, autor do ensaio "Dentro da literatura"

Confésoo. Son unha coleccionista empedernida deses libros que chaman por min desde os andeis dunha libraría. E confeso tamén, con orgullo, que ás veces busco o encontro cos libros para que sexan eles os que me conquisten. Confeso, unha vez máis, que son culpable de atopar sosego nas historias que agochan os libros, e que […]

Leer Más