Nestes días fragmentados, o pensamento tamén flúe entrecortado. Saturados de estímulos, non somos capaces moitas veces de concentrarnos, de ser produtivos, se é que iso é positivo. Reflexiono nesta idea ao rematar de ler o Libro de horas, un poemas intenso e con moitas reivindicacións de Rebeca Baceiredo. Sumérxome nel e atopo, xa ao inicio, […]
Nestes días de lecturas cruzadas e desordeadas, comecei un ensaio sobre a literatura de resistencia e, ao mesmo tempo, déixome levar pola poesía. Quizais é necesario facer este camiño para non saturar a mente, para manterse sempre activa, e para que as letras se inoculen pouco a pouco no organismo. Puidera parecer unha esaxeración, pero […]
Adoro os libros que nos deixan un pouso esperanzador, agradable. En efecto bolboreta é a primeira historia de Ana Pillado Vega, unha mestra santiaguesa que tamén conta cunha ampla traxectoria como ilustradora, pintora e ceramista, e nela consegue transmitirnos dúas ideas fundamentais: a necesidade de concienciar sobre o medio ambiente, e o papel que xogamos […]
“Veño de definir as fronteiras do meu corpo. Veño de marcar a liña que nunca ninguén deberá sobrepasar. Esta botella e máis eu formamos parte do mesmo corpo. Nunca se che ocorrería beber dela sen o meu consentimento”. Sorpréndeme a nova novela de Alberte Momán, tanto polo formato como polo contido. Como el mesmo explica […]
Hai libros que piden unha lectura lenta, demorada, que potencie a asimilación de conceptos e que incluso os grave na memoria para sempre. Dende que me dedico a isto de comentar e analizar libros, dende a miña faceta totalmente afeccionada, gústame moito determe en publicacións que profundan en diversos aspectos da literatura. Por iso me […]
Coñecín a literatura de Jack London cando estudaba 2º de xornalismo, nunha materia na que nos explicaban os distintos xéneros periodísticos. Xosé Neira Cruz foi o noso mestre naquel curso e encargounos como tarefa realizar un traballo grupal de varios autores e autoras que estaban vinculadas, en maior ou menor medida, co xornalismo. A noso […]
Lembro que cando estudaba xornalismo escoitei por primeira vez a palabra ‘flâneur’. Falounos dela un profesor que facía alusión a Walter Benjamin, por ser quen acuñou esta palabra que, en masculino, se refería aos homes que vagaban sen rumbo polas rúas, sen obxectivos, fomentando que todas as ideas fluísen. Porque, xa se sabe que no […]
Nesta semana seguimos apostando pola cultura e, máis concretamente, pola literatura, para facernos a vida un pouquiño máis agradable. Onte publiquei un artigo con recomendacións de libros en castelán que me fan feliz e, como non podía ser doutra forma, hoxe é a quenda de libros en galego que tamén nos achegan boas vibracións para […]
Antes do confinamento chegou a min unha edición fermosísima de O amante, o mítico libro de Marguerite Duras, traducido ao galego da man de Oriana Méndez para Kalandraka. Decidín comezalo, sen saber que o ía rematar nestes días estraños e tolos nos que tento amarrarme á literatura como a un cravo ardendo. Sempre o fago, […]
Os libros sempre conseguen activar o meu pensamento interno. Cando percorro as liñas dun texto, os resortes da memoria comezan a funcionar coma unha máquina do tempo. Iso ocorre estes días, cando chega a min O abecedario na maleta. Pequena biografía de Matilde Bares, unha proposta necesaria de Lela Edicións e do Concello de Bueu, […]