Náufragas no mar e na terra, de Elisabeth Oliveira

Elisabeth Oliveira, autora do poemario "Náufragas no mar e na terra"

Nestes días de lecturas cruzadas e desordeadas, comecei un ensaio sobre a literatura de resistencia e, ao mesmo tempo, déixome levar pola poesía. Quizais é necesario facer este camiño para non saturar a mente, para manterse sempre activa, e para que as letras se inoculen pouco a pouco no organismo. Puidera parecer unha esaxeración, pero sinto moitas veces a necesidade de intercalar lecturas, porque creo que é san.

No ensaio que vos comento topei cunha cita de Kumalo, un poeta sudafricano que loitou ferventemente para liberar o seu pobo do réxime branco Africaner e o seu sistema represivo de separación racial. El fala de que a poesía debería ser “vermella como o sangue” ademais de “desgarrar o rostro do presor” e “destrozar o seu poder”.  Identifícome totalmente coas mensaxes destas citas, pois hai tempo que penso que a poesía é unha arma ateigada de futuro, que nela contéñense os sentimentos e tamén as reivindicacións necesarias.

Así ocorre no novo poemario de Elisabeth Oliveira, titulado Náufragas no mar e na terra, no cal está moi presente a loita, esas ansias da voz poética (que ben podería ser a da propia autora) para desexarnos o cambio, para que as mulleres saiamos do silencio imposto, para que xamais sexamos condenadas ao ostracismo. Os versos recollidos aquí tamén se conciben coma unha homenaxe ás mulleres que nos precederon, ás que axudaron a conseguir o que hoxe temos ou as que simplemente resistiron e resisten, que ás veces é a única forma de sobrevivir. Moi en relación con estas ideas, se analizamos un pouco máis, veremos que a autora escribe cos mesmos obxectivos que destacaba Kumalo, pois aquí tamén está presente Siria e a hipocrisía dun primeiro mundo que fica mundo ante as inxustizas sociais.

Como podiamos agardar, o poemario transpira raiba, carraxe por todo este mundo podrecido e no que, ás veces, custa vivir. Mais, quizais como contrapunto, atopamos unha certa dose de positividade, de esperanza no futuro, de posibilidade de cambio.

“E aí, en caracteres miúdos,

que che obrigan a enxergar

con toda a minucia do mundo,

deixei só para ti as palabras

que saldan para sempre a conta:

Eu decidín ser libre, ti xa sabes onde ir!”

Ficha técnica

Título: Náufragas no mar e na terra

Autora: Elisabeth Oliveira

Editorial: Urutau

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 54

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.