En efecto bolboreta, de Ana Pillado Vega

Ana Pillado Vega, autora de "En efecto bolboreta"

Adoro os libros que nos deixan un pouso esperanzador, agradable. En efecto bolboreta é a primeira historia de Ana Pillado Vega, unha mestra santiaguesa que tamén conta cunha ampla traxectoria como ilustradora, pintora e ceramista, e nela consegue transmitirnos dúas ideas fundamentais: a necesidade de concienciar sobre o medio ambiente, e o papel que xogamos todos nesa reivindicación. Lonxe do que poderiamos pensar, non se trata dunha proposta catastrofista senón que, tomando como base o que ela chama ‘revolución da bicharada’, a autora reclama o poder da poesía, da palabra e das accións individuais que poden mudar o mundo.

Teño que recoñecer que gocei moitísimo lendo esta novela, sobre todo porque está escrita cun profundo amor polas palabras e as fábulas tradicionais, polo que nos fai diferentes. As bolboretas, as xoaniñas, as sereas, conversan nesta novela dende os ecos do pasado para reclamar o futuro, e nese xogo prodúcese verdadeira maxia. Xa dende a primeira cita que Pillado Vega recolle de Rafael Dieste se advirte o que ela pretende conseguir con esta novela: “O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz”. Partindo dela, o certo é que estamos diante dun libro que lembra os contos dos avós na lareira, e tamén toma como herdanza os mitos e contos tradicionais para darlles unha volta e propoñer un futuro.

Que se conta no libro En efecto bolboreta? Pois preséntase a revolución dos bichos que, segundo a autora, simboliza a consciencia de clase. Todos eles falan e reclaman a necesidade de que a sociedade os tome en serio, que os respecte e que coide a natureza. Pero non é unha novela de fantasía, máis ben todo o contrario, transpira demasiada realidade. E, mentres avanzamos na lectura, imos sentido esperanza nun tempo novo, crendo no poder das persoas e das pequenas accións, porque a autora fainos partícipes desta revolución global. Hai que salientar a linguaxe que se emprega aquí, un verdadeiro pracer para os sentidos, un festival literario do que gozarán todas as lectoras voraces. A isto cabería engadir as fermosas ilustracións que acompañan o texto, ateigadas de viveza e de colorido, da man da propia autora.

Quixera compartirvos unha das cantigas que aparecen neste libro, que toma como base a tradicional “Polo río abaixo”, e que nesta versión di así:

“Polo río abaixo vén

unha festa en pé

corre que te corre leva

boa fervenza abofé.

Chega unha serea morena de pel,

trae o doce froito

do novo entender.

Os que non o vexan

axiña o verán de vez.

E os que non o crean

lembraranse tamén.

Saiban que é xente de ben querer

as que están tecendo este novo amencer,

son nosas avoas co seu colo de mel.

Polo río abaixo vén

unha festa de pé”.

Ficha técnica

Título: En efecto bolboreta

Autora: Ana Pillado Vega

Editorial: Fervenza

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 231

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.