Mulleres que (nos) dan que pensar

Lembro que cando estudaba xornalismo escoitei por primeira vez a palabra ‘flâneur’.  Falounos dela un profesor que facía alusión a Walter Benjamin, por ser quen acuñou esta palabra que, en masculino, se refería aos homes que vagaban sen rumbo polas rúas, sen obxectivos, fomentando que todas as ideas fluísen.  Porque, xa se sabe que no aburrimento é onde xermolan, moitas veces, as boas ideas e a creatividade.

Esa verba quedou aí agochada, ata que nestes días topei con ela de novo, pero baixo outra forma: ‘flâneuse’. E pregúntome, que pasaría se as mulleres dispuxésemos dun cuarto propio de verdade e dese tempo morto no que agroma a creación? Que acontecería se non tivésemos que atender as obrigas domésticas e puidésemos dedicar o tempo á reflexión demorada? Sobre iso e moito máis escribe á profesora e escritora África López Souto no libro Mulleres que (nos) dan que pensar, unha proposta de recuperación de voces de mulleres en diversos ámbitos, mais escrita dende un punto de vista moi persoal.

Mulleres que (nos) dan que pensar, inserida na colección Feminismos da editorial Galaxia, concíbese como unha xenealoxía de mulleres da historia de Galicia, seleccionadas dende o propio camiño da autora que, a partir delas, traza unha reflexión moi aguda sobre os mecanismos que silenciaron durante tanto tempo as voces femininas. Conceptos como o teito de cristal, a fenda salarial, o patriarcado, a feminización dos coidados, as violencias machistas, están aquí presentes, mais tamén atopa espazo para poñer o foco na necesidade que temos como sociedade de falar das mulleres dende a normalidade e non dende a excepcionalidade e a rareza. Así escribe ao comezo:

“O que veño de dicir, recondúceme unha vez máis a algúns perigos que entraña elaborar haxiografías ou presentar exclusivamente pioneiras que parecen seres únicos e excepcionais, pois pode empurrarnos a concluír que son simples excepcións, xenios inalcanzables, ou mesmo a transmitir a mensaxe de que as mulleres só seremos valoradas se acadamos a condición de perfectas, santas ou anxelicais, rematando por falsear ou maquillas vidas e obras femininas”.

Coincido con ela neste punto que, quizais, demasiadas veces se nos pasa desapercibido, pero que é chave para falar da recuperación das voces das mulleres silenciadas. A partir de aí, e unha vez as cousas claras, a autora arranca un camiño que nos levará a coñecer ou (re) encontrarnos con mulleres galegas que, ao longo da historia, contribuíron aos diversos campos: mulleres xornalistas, mulleres enfermeiras, mulleres artistas, mulleres pintoras, mulleres músicas, mulleres no sector do mar, mulleres no agro, mulleres na industria, mulleres nas loitas feministas, mulleres escritoras… Un camiño que, como xa dixemos, é moi persoal e que só se interrompe coas tarefas cotiás da autora que, nun afán reivindicativo, ela deixa reflectidas ao longo do proceso de escrita.

Mulleres que (nos) dan que pensar defínese, pois, como unha obra ideal para as persoas que desexen iniciarse no recoñecemento de mulleres pouco coñecidas da nosa historia, xa que serve como porta de entrada e xerme de máis investigacións propias. Escrita cunha linguaxe sinxela e instrutiva, ben seguro que chegará a moito público lector desexoso dunha obra así dende había ben tempo.

Ficha técnica

Título: Mulleres que (nos) dan que pensar

Autora: África López Souto

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 390

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.