O abecedario na maleta. Pequena biografía de Matilde Bares

O abecedario na maleta pequena biografia matilde bares lela edicions

Os libros sempre conseguen activar o meu pensamento interno. Cando percorro as liñas dun texto, os resortes da memoria comezan a funcionar coma unha máquina do tempo.  Iso ocorre estes días, cando chega a min O abecedario na maleta. Pequena biografía de Matilde Bares, unha proposta necesaria de Lela Edicións e do Concello de Bueu, cos textos de Polo Correo do Vento e as ilustracións de Tania Solla.

Cóntase aquí brevemente a vida de Matilde Bares, mestra bueuesa nacida no 1853 que exerceu a docencia entre finais do século XIX e comezos do XX, e que destacou pola formación das persoas emigrantes. Penso nela e na súa encomiable labor levada a cabo nun tempo no que as mulleres estaban relegadas ao ámbito doméstico. Penso tamén naqueles homes e mulleres que decidían coller o camiño cara a América e se poñían nas súas mans para que lles dese unhas nocións básicas que lles permitisen andar polo mundo. Penso na sorte que teño de saber ler e escribir, na importancia do coñecemento para acadar a liberdade. Penso en todas as persoas que non tiveron a oportunidade de alfabetizarse, e que non saben escribir nin o seu nome. Aínda así, penso que no medio de toda a escuridade daqueles anos, houbo persoas como Matilde Bares que contribuíron a achegar luz, que creron nun mundo mellor, máis xusto e igualitario.

Todos estes pensamentos conflúen na miña mente mentres descubro esta pequena xoia na que, como acontece con todas as propostas de Lela Edicións, se contaxia a maxia polo saber e a necesaria homenaxe que debemos render a todas as persoas que, dende os diversos eidos, nos axudaron a chegar ata aquí. Matilde Bares foi unha delas e por iso mereceu moitos recoñecementos. Así, cando tiña oitenta anos a veciñanza de Bueu realizoulle unha homenaxe e colocouse unha placa na súa vivenda, que aínda se pode ver hoxe en día na rúa Eduardo Vincenti. Ademais, a vila conta cunha rúa que leva o seu nome e cun certame literario que promove os relatos de igualdade.

Esta proposta súmase a todo ese exercicio de memoria que é necesario facer a diario, e diríxese aos máis pequenos e pequenas da casa para que teñan sempre presente que as pequenas accións son as que posibilitan as grandes mudanzas na sociedade.

Ficha técnica

Título: O abecedario na maleta. Pequena biografía de Matilde Bares

Texto: Polo Correo do Vento

Ilustracións: Tania Solla

Editorial: Lela Edicións

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 31

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.