“Creo na poesía, quizais, é no único que creo”. Estes versos de Lupe Gómez insisten na defensa da poesía como case a única verdade, aquilo que é capaz de sobordar todos os límites e ir máis alá, alén do imaxinable. A poesía adquire, neste caso, un cariz revolucionario que é o que, á fin e […]
Nos últimos tempos experimento fortes debates arredor da tiranía do politicamente correcto e ata que punto a ficción debería ter ou non límites. Polo de agora non alcanzo a ter unha opinión formada de todo, recoñézoo, aínda que defendo que o principal valor da literatura é, precisamente, poñernos contra as cordas, propoñernos cuestións nas que […]
“Sabedes como se lle extirpa a nenez a un neno? Fodendo nel. Fodendo nel reiteradamente. Batendo nel. Esmagándoo contra o chan e meténdolle cousas no corpo. Dicíndolle que é isto ou aquilo, cousas que só poden ser certas nas mentes máis tenras en que a lóxica e a razón aínda non acabaron de formarse, para […]
Xa con xuño enriba seguimos con esta viaxe que me leva polas miñas editoriais favoritas do mundo mundial. Hoxe preséntovos ás Irmás Cartoné, un proxecto fermosísimo creado por Celia Recarey e Carlos Valdés que nos traen clásicos da literatura universal ao galego. Das súas edicións destaca moito o coidado das portadas, con deseños que transmiten […]
Adoro cando dúas ilusións semellantes se unen e forman algo fermoso. Por iso me encanta o libro A semente, a árbore, a froita, que se concibe coma unha conversa entre a escritora, activista, tradutora e intérprete María Reimóndez coa política galega e voceira do BNG, Ana Pontón. Nela atopamos a dúas mulleres loitadoras, cuns desexos […]
Hai pouco lía diversos artigos recompilados no estudo Libro-Obxecto e Xénero, unha publicación da Universidade de Vigo coordinada por Isabel Mociño e na que diversas autoras reflexionan sobre a importancia que hoxe en día teñen os libros concibidos como artefactos literarios, é dicir, como proxectos híbridos nos que se mesturen dúas ou máis disciplinas que […]
Na busca da propia identidade, sempre me deixo acompañar por poemarios que escriben o que sinto, que berran ben alto as contradiccións nas que habitamos como persoas. Uralita vén a ser iso: un proxecto reivindicativo da actriz Iria Pinheiro e da poeta María Lado, dúas amigas artistas que decidiron xuntar as súas arelas e loitas […]
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, é atípico, sobre todo porque non podo asistir a actos públicos de conmemoración que tanto me gustan. Con todo, e a pesar das circunstancias actuais, dende Lecturafilia organizo a miña propia celebración. Sabedes como? A pasada semana realicei unha enquisa en Facebook e Twitter para preguntarvos que […]
Quixera comezar rememorando unha anécdota. Cando era moza, pasaba moitas tardes na biblioteca da miña vila, onde buscaba libros que levar á casa e tamén navegaba pola rede, sobre todo porque, aínda non sendo un tempo afastado, nas aldeas todo chegaba máis tarde. Un día calquera, a persoa que se encargaba deste espazo decidiu poñer […]
Prodúceme un certo arreguizo ler sobre a morte, sobre as enfermidades mentais e, a pesar diso, sei que debo facelo. Porque afastarme da realidade non me libra dela. Xa sabedes que sempre me deixo levar polas reflexións internas cando descubro un poemario, porque quizais é neste xénero onde máis xoga a interpretación e as experiencias […]