«Instrumental» de James Rhodes

O pianista James Rhodes é autora do libro 'Instrumental'

“Sabedes como se lle extirpa a nenez a un neno? Fodendo nel.

Fodendo nel reiteradamente. Batendo nel. Esmagándoo contra o chan e meténdolle cousas no corpo. Dicíndolle que é isto ou aquilo, cousas que só poden ser certas nas mentes máis tenras en que a lóxica e a razón aínda non acabaron de formarse, para que esas cousas o aferrollen e pasen a ser unha parte integral e incuestionada da súa persoa”.

Non adoito reler libros, quizais por dous motivos principais: porque non quero perder a esencia da primeira lectura, e tamén porque teño medo a defraudarme cando pasan moitos anos dende unha e outra e a propia experiencia muda. Aínda así, despois de tres anos dende que lera Instrumental de James Rhodes en castelán, decidín volver descubrir esta xoia, quizais porque nos momentos complexos, como digo moitas veces, non hai nada mellor ca os libros que falan do terror dende a beleza. Iso é Instrumental, que descubrín estes días na recente tradución que Eva Almazán fixo para o galego da man de Rinoceronte, unha editora que nos está descubrindo moitos libros da literatura contemporánea universal en galego.

Instrumental vén refrendar a idea que sempre defendo de que a arte nos salva en moitas ocasións, ben sexa en forma de música, coma no caso de Rhodes, de libros, de cinema, de pintura, ou de fotografía. Como seres humanos precisamos transcender, ir máis alá do noso día a día, dese cotián que sepulta as nosas inquedanzas e cunha rutina que nos ameaza continuamente coma unha espada de Damocles sobre as nosas cabezas.  O libro de Rhodes conta as vivencias autobiográficas deste recoñecido pianista que cando era pequeno foi violado continuamente polo seu profesor de ximnasia, o que lle causou un gran trauma e secuelas moi fortes na vida adulta. Así e todo, e malia a dureza do que conta nalgúns momentos, o libro é tamén unha oda ao poder terapéutico da música, e a como esta o salvou da morte en múltiples ocasións.

Non o imos negar. O libro é do máis impactante que teño lido ao longo da miña vida, pero quizais tamén do máis fermoso. E é que Rhodes consegue facernos reflexionar sobre a dureza do que vivimos na infancia e, ao tempo, convencernos da necesidade que todos temos de ver cumpridos os nosos soños e de loitar por aquilo que nos fai felices. El consegue manterse a frote coa música de piano, a cal está moi presente neste libro que se podería ler coma unha longa peza sonora na que atopamos drama e tamén moitísimo humor. A través das diversas pezas musicais que nos recomenda, o autor vainos explicando como ao longo do tempo a música axudou a moitas persoas que camiñaban á deriva e que necesitaron amarrarse a algo.

Volvín reler este libro nuns días tristeiros para min, nos que me afastei da vida real para atoparme nas verbas de James Rhodes, para sentir coma propias algunhas das reflexións que el fai, para atopar a maldade humana e, tamén, a bondade. Porque, se por algo se define este libro é polas súas continuas oposicións: o amor e o odio, a carraxe e a paz, os agoiros de morrer e os desexos infinitos de vivir, a loita e o rendemento… Instrumental é, pois, unha banda sonora infinita, que provoca en nós moitísimos sentimentos, que nos fai reaccionar e que, sobre todo, pon o foco nos abusos sexuais a menores, unha lacra social da que aínda se fala moi pouco. Tedes que lelo aínda que doia.

Ficha técnica

Título: Instrumental

Autor: James Rhodes

Ano de publicación: 2020

Tradución: Eva Almazán

Editorial: Rinoceronte

Número de páxinas: 272

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.