Quizais por un exceso de fabulación, teño unha obsesión que me persegue dende que era nena: indagar nas casas alleas, ou tentar adiviñar a forma de vida das persoas que habitan certos espazos. Moitas veces, cando paso co coche por un lugar abandonado, e vexo unha xaboneira ou calquera outro obxecto diante do patio dunha […]
Hai vidas que ben merecen inspirar un libro, vidas enormes que superan calquera ficción. Vidas como a de Ramón Baltar, un home pertencente a una familia de médicos que se relacionaron intimamente con persoeiros do mundo da cultura, como Rosalía de Castro, Manuel Murguía ou Castelao e Dieste. Casualmente, con esa historia topou Suso de […]
Para fomentar o coñecemento, quizais necesitemos máis ca nunca visibilizar os referentes. Esta máxima é seguida pola editorial Cuarto de Inverno, na que se publican libros que dan a coñecer a mulleres que traballaron arreo pola cultura galega nos diversos eidos. Hai pouquiño sorprendíannos con As mil vidas de Dorotea, un libro en formato pequeno […]
“Feriron o idioma. / Esganaron os cantares. / Riron do noso xeito / de repartir os montes. / Tratáronnos coma lombrigas. / Espoliaron a biblioteca / que a República / inaugurara en Muras”. A poesía galega actual non esquece as orixes e o compromiso coa terra e coas persoas que a manteñen día a día […]
“Como nace unha poeta? Agroma dunha semente na terra, un día calquera baixo certas influencias de auga, luz lúa? Sae dun casulo interior? Nace como nacen todas as crianzas e máis tarde é atrapada por un estraño elemento digamos, por exemplo, o deseño de tocar e ser tocada polas cousas?” Supoño que moitas poetas se […]
“Se algo ensina a biografía de Virxinia Pereira é que a vida é un camiño incerto”. Así define a xornalista Montse Fajardo a forma de estar no mundo dunha muller que fixo moito pola cultura galega e as ideas republicanas, e da que poucos coñecemos a súa importancia. Coñecida sobre todo por ser a dona […]
Por momentos lembro a miña infancia e os momentos coa miña avoa, unha muller sabia, coma todas as desa época, que me falaba sempre da vida cunha sabedoría popular que boto moito en falta. A súa era unha intelixencia dada pola terra e pola supervivencia ante as aldraxes padecidas. Chamábase Inés e vivía en Valeixe, […]
Vou ser politicamente incorrecta: cando descubro un libro de poesía que consiga chegar a min, a única palabra que me vén á cabeza á hora de expresalo é ‘FODER’. Aínda que moitas poidades pensar que se trata dun vocablo malsoante, o certo é que se algo nos gusta moito, nos interpela forte no corazón, nos […]
A literatura é unha ferramenta moi útil para achegar mensaxes, idea que teñen moi claro na editorial Cuarto de Inverno. Tras a publicación de SuperUlex de Susana Sanches Arins, sorpréndennos con outro título destinado á cativada e no que se reivindica a unión entre xeracións e a capacidade de axudarse mutuamente. Velloucas & Minchas é […]
Cada vez que leo a Manuel Rivas é inevitable que pense na carreira de xornalismo, cando moitos profesores nos dicían que esta profesión non podía ficar parada ante as inxustizas do mundo. Eramos daquela uns mozos e mozas con ilusións e na nosa cabeza pululaban contradicións continuas arredor de conceptos como a obxectividade, a subxectividade […]