Distancias, de Tamara Andrés e Marcos Viso

Distancias- Tamara Andrés e Marcos Viso

Hai pouco lía diversos artigos recompilados no estudo Libro-Obxecto e Xénero, unha publicación da Universidade de Vigo coordinada por Isabel Mociño e na que diversas autoras reflexionan sobre a importancia que hoxe en día teñen os libros concibidos como artefactos literarios, é dicir, como proxectos híbridos nos que se mesturen dúas ou máis disciplinas que amplifiquen a experiencia lectora. Iso precisamente é o que conseguen facer Tamara Andrés e Marcos Viso con Distancias, un álbum no que se mesturan versos e ilustracións e que nos levan por un camiño para percorrer paseniñamente e cunha gran compoñente de emocións.

Distancias é, pois, un deleite para os sentidos, un deixarse levar en picado, un xogo literario de futuro. As imaxes propostas por Marcos Viso incítannos a pousar a nosa ollada sobre os obxectos do cotián, e precisamente aí é onde estes se imbrican cos versos de Tamara Andrés, xerando unha experiencia multisensorial e de goce lento.

Percorro este camiño atopándome a min mesma, tomando conciencia do que son e cara onde quero ir. De súpeto atopo versos que me levan a reaccionar: “Virar o rumbo pode ser un bo comezo, tamén un bo final”. O libro podería lerse como a Rayuela de Cortázar, deixándose levar pola propia sensorialidade das palabras, polo que elas evocan en nós, aínda que aparentemente non teñan un sentido lóxico.

“Fíxenme baleira”.

Considero que Distancias é unha proposta arriscada, mais tamén podería ser ideal para que as persoas que non adoiten ler poesía cheguen a ela. É unha boa porta de entrada neste xénero, sen esquecer que tampouco se dirixe a ningunha idade en concreto, senón que ben poderían lela xentes de moitas idades. Creo que, precisamente, ten ese poder da universalidade, ou de ser quen de lanzar mensaxes múltiples. Celebro proxectos tan fermosos coma estes!

Ficha técnica

Título: Distancias

Autores: Tamara Andrés e Marcos Viso

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 64

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.