«O libro da filla» de Inma López Silva

Inma López Silva, autora de "O libro da filla"

Nos últimos tempos experimento fortes debates arredor da tiranía do politicamente correcto e ata que punto a ficción debería ter ou non límites. Polo de agora non alcanzo a ter unha opinión formada de todo, recoñézoo, aínda que defendo que o principal valor da literatura é, precisamente, poñernos contra as cordas, propoñernos cuestións nas que quizais nunca nos parásemos a reflexionar e, en definitiva, removernos por dentro, para ben ou para mal. Porque está claro que a ficción non debería ser xamais un panfleto político nin falarnos soamente da parte máis amable da sociedade, senón ir máis alá e explorar todas as posibilidades da linguaxe.

Todo isto pasa pola miña cabeza nestes días nos que remato de ler O libro da filla, a nova novela de Inma López Silva, da que xa lin algunhas críticas positivas e outras tantas negativas, estas últimas partindo do feito de que a autora tome a voz dun violador para artellar unha trama na que se cuestionan a verdade e a mentira. Precisamente ela ponse nun lugar incómodo, e por iso a proposta é valente e, dende o meu punto de vista, acertada. Creo que o que  a autora quere é facernos pensar sobre ata que punto coñecemos as nosas vidas, e se estariamos dispostas a compartir cama cun violador ou cun facha.

López Silva somérxese nunha trama ousada, na que os lectores e lectoras temos un papel prioritario, no que deberemos fuxir da empatía polos protagonistas e enfrontarnos a un crebacabezas complexo no que nada é o que parece e na que se fuxe do politicamente correcto. Aquí todo proe, e a sensación de quen lemos é moitas veces de raiba. Unha literatura que nos remove, que fala sen medos da sociedade cínica que habitamos, na que o fascistas campan ás súas anchas, na que o xornalismo de verdade se pode contar cos dedos das mans, na que importan máis as aparencias e o ‘postureo’ que as ideas fortes. Creo que O libro da filla tería que lerse así, como a explicación desta sociedade podrecida para que, a partir de aí, poidamos quizais actuar e provocar un cambio profundo, que comezaría polos valores.

“Facemos cousas por inercia, mesmo o de traballar nestes oficios que parecen diferentes cada día é algo que facemos de forma automática. Imos aos mesmos restaurantes ata que decidimos que temos que ir ao último que abriu e poñémolo de moda; alternamos ioga con pilates, para variar un pouco, e unha fin de semana igual imos facer trecking a un monte, pero sempre na mesma orde. Follamos con tíos distintos pero, ao final, sempre follamos igual, ou levamos follando igual co mesmo tío con caras distintas durante varios anos. E cada día facemos as mesmas conachadas”.

Ler O libro da filla supuxo unha experiencia reveladora, aínda que teño que confesar que me custou rematalo, pois cara ao final perde un pouco ese ritmo do comezo, provocando que a lectura se atranque. Así e todo, considero esta unha novela potente e necesaria, que nos axuda a entender o mundo que habitamos e que defende a idea de que a literatura non ten límites.

Ficha técnica

Título: O libro da filla

Autora: Inma López Silva

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 480

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.