“Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe”, unha escolma de Jesús Castro Yáñez

As disidencias sexuais identitarias non se inventaron no século XXI, como algunhas persoas se empeñan en facernos crer, pois cada vez saen máis documentos e manifestacións culturais que demostran que dende sempre houbo persoas atrapadas en corpos errados e que non se adaptaban ao que a sociedade marcaba como normalidade.  Para as persoas incrédulas convídovos a visitar o libro Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe, no que o poeta Jesús Castro Yáñez escolmou e traduciu para nós poemas de todos os tempos. O libro constitúe, pois, un abano moi interesante co que descubrir a autores e autoras que abordaron temáticas LGBTIQ+ aínda cando a loita non estaba tan candente, pero quería o seu lugar no mundo.

A antoloxía comeza con algúns textos de Safo, unha das primeiras poetas coñecidas da historia da humanidade, nacida entre os séculos VII e VI a.C., e constitúe o máximo referente lírico sobre o desexo femiino e o amor entre mulleres. Ela déixanos mensaxes de loita, con proclamas como “mais con todo hai que poder, ata / quen pouco pode”.

A partir de aí, proponse unha viaxe de miles de anos e por múltiples países, de xeito que atopamos aquí as voces diversas de Catulo, Abu Nuwas, Sor Juana Inés de la Cruz, Wu Tsao, Walt Whitman, Emily Dickinson, Konstantinos Kavafis, Renée Vivien, Federico García Lorca, H.D. Sandro Penna, Elisabeth Bishop, Gloria Fuertes, Jack Spicer, June Jordan, Pat Parker, Manuel Ramos Otero, Néstor Perlongher, Maria-Mercè Marçal, Jesse Darling, Alex Dimitrov ou Mary Jean Chan.

Como ben recoñecía o tradutor nunha presentación, o que pretendía con este libro é pervertir, fomentar moitas preguntas e non aclarar as dúbidas. A boa literatura debería ser así, coma un machado que escacha todo en anacos e que nos empuxa a revolucionar. Neste sentido, Campo de plumas cumpre á perfección, e como toda boa escolma, tamén nos permite coñecer a autores e autoras doutras latitudes, que defenden a diversidade dende as súas variadas formas de escribir e pensar, e neste sentido é un libro moi rico estilistica e tematicamente.

Deixo por aquí o poema de Gloria Fuertes que resume a esencia do libro e que máis me gustou:

“Desprézasme porque quererías ser coma min

e en vez de imitarme

escachas o espello”.

Ficha técnica

Título: Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe

Escolma e tradución: Jesús Castro Yáñez

Editorial: Sushi Books

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 182

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.