“Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado” de Francisco Castro

“E si, rebentei a chorar. Cheo de carraxe, vergonza e odio. Máis ca os golpes, máis ca o medo por estar acurralado, máis ca calquera outra cousa, a aquel meniño o que lle fixo rebordar as bágoas foi que o chamasen chorica. Porque non é de homes chorar. Iso aprendémolo moi de cativos. Se tes puños, úsaos. Non deixes que ninguén che pase por riba. É mellor ser un líder ca un pringao. E por iso contiven o pranto, por iso aguantei as bágoas todo o que puiden porque eu non era un chorica, por iso loitei contra o lóxico (ceibar a emoción, deixarme ir, era só un meniño aterrorizado).

Ata que rebentei”.

Os homes non poden chorar. Iso tamén é un efecto do patriarcado, que dispón sempre dun manual do “bo macho” e se te saes de aí, xa non es un home. Atopo estas verbas no libro Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado, que publicou hai uns meses Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxia. A obra está escrita dende unha ollada masculina, e conta a experiencia dun home que se enfronta ao patriarcado, a como lle contaron o mundo para desmontalo e reivindicar o feminismo. E creo que neste sentido é moi valente que os homes se atrevan a cuestionar os seus propios privilexios, e a remar no mesmo barco cás mulleres.

Levando esa máxima de que “o persoal é político”, Castro escribe dende a propia experiencia, cóntanos as súas orixes no barrio vigués de Teis, e tamén esa infancia ateigada de medo e de impotencia por non ser coma os demais e, a pesar diso, teimar en ser forte, crendo que a fortaleza consiste en dar os golpes máis estrondosos na faciana do contrincante. A masculinidade, tal e como se entende maiormente, é un campo de minas que cómpre derrotar para construír unha sociedade máis xusta, máis igualitaria, como xa di Jorge Marín en Papá, por que non pintas as unllas de cores?, incluído tamén na colección Feminismos da editorial Galaxia, ao igual ca o libro que nos ocupa aquí.

A miúdo reflexiono cos homes arredor do que supón medrar nun mundo patriarcal. Hai algúns, a maioría, que queren seguir posuíndo o poder, e outros, quero crer que cada día máis, apoian ás mulleres na consecución da liberdade absoluta e óllannos coma iguais. Pero estes últimos tamén son sometidos á ditadura dos outros, que os apartan e os empuxan fóra do seu mundo.

Lin Isto SI é un Home co desexo de que o que aquí conta Francisco Castro sexa escoitado por outros homes que poidan estar en procesos similares. Porque aínda que a revolución feminista debemos facela as mulleres, eles deben estar aí con nós acompañándonos, e tendéndonos a man para darlle a volta ao sistema. Neste sentido, o libro constitúe un testemuño necesario, aínda que é moi cuestionable que se publicase con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, unha data na que cómpre visibilizar ás mulleres.

“Falo de deconstruír, de desaprender, de, polo tanto, facer consciente, traer ao primeiro plano na nosa racionalidade, saber o que fixeron con nós, como saber o que lle fixeron ás mulleres. Sabelo aínda que doa. Verbalizalo aínda que nos manque e nos faga sentir mal. Asumir que somos uns privilexiados e que aínda que imos perder eses privilexios, é necesario perdelos. Deconstruír, desaprender, deseducarnos”.

Ficha técnica

Título: Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado

Autor: Francisco Castro

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2022

Número de páxinas: 177

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.