Letras e música revolucionaria son as do grupo Dios Ke te Crew, un conxunto de rap galego nacido no 2003 e que conta coa voz de Jamas, artista ambulante nado en Madrid pero residente na Galiza dende hai varios anos e que ten participado en moitos proxectos musicais alternativos. De aí, deses grupos loitadores, provén […]
“Exercer o meu dereito inapelable a soñar”. Coma nunha estraña e fermosa confabulación, este verso de Teresa Ríos, sacado do seu poemario Non estamos preparados para medrar fica na miña memoria nestes días nos que, novamente, recalo en Frida Kahlo e nesa conversa co seu pai na que a pintora lle pide que lle lembre […]
Cada vez que me dá por pensar no que significa este espazo para min, rapidamente me vén á mente a importancia das persoas que estades ao outro lado, das que tedes en conta o criterio do que publico, das que me apoiades neste fío invisible que é a literatura. Nunca cansarei de dar as grazas […]
Vou ser politicamente incorrecta: cando descubro un libro de poesía que consiga chegar a min, a única palabra que me vén á cabeza á hora de expresalo é ‘FODER’. Aínda que moitas poidades pensar que se trata dun vocablo malsoante, o certo é que se algo nos gusta moito, nos interpela forte no corazón, nos […]
Intríganme moito os mecanismos que se atopan detrás da creación dunha obra de arte. Supoño que, en moitas ocasións, estes van moi ligados á propia evolución persoal. Estes días recaeu nas miñas mans o poemario Non venal, da autoría de Alberte Momán Noval, e que, por certo, está intimamente ligado coa súa novela máis recente, […]
“Nós nunca nos dicimos as cousas importantes. Sabemos que nada dura e hai ganas de falar, de evitar que o limo asente e podreza, pero nunca chegamos a aprender a técnica”. De pequena habitei un mundo mudo, no que as palabras como “quérote”, “ámote”, ou calquera outra que denotase cariño, non existían. Andabamos pola vida […]
Elisabeth Oliveira leva as letras case tatuadas na alma. Nacida na rexión francesa de Lille, de pai e nai portugueses, medrou navegando entre dúas culturas e linguas. Despois licenciouse en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. No 1995 instalouse definitivamente na Galiza e namorou completamente desta terra e […]
O exercicio poético non nace moitas veces de forma premeditada. Moitas persoas o recoñecen. Rebeca Baceiredo é unha delas. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e doutora en Filosofía cunha tese sobre Gilles Deleuze, é tamén escritora, e publica habitualmente ensaios, como A revolución non vai ser televisada ou Capitalismo e fascismo. Hai pouco […]
Prodúceme un certo arreguizo ler sobre a morte, sobre as enfermidades mentais e, a pesar diso, sei que debo facelo. Porque afastarme da realidade non me libra dela. Xa sabedes que sempre me deixo levar polas reflexións internas cando descubro un poemario, porque quizais é neste xénero onde máis xoga a interpretación e as experiencias […]
Nestes días fragmentados, o pensamento tamén flúe entrecortado. Saturados de estímulos, non somos capaces moitas veces de concentrarnos, de ser produtivos, se é que iso é positivo. Reflexiono nesta idea ao rematar de ler o Libro de horas, un poemas intenso e con moitas reivindicacións de Rebeca Baceiredo. Sumérxome nel e atopo, xa ao inicio, […]