“O perfil da boca”, de Lorena Conde

Lorena Conde, autora de O perfil na boca

“Nós nunca nos dicimos as cousas importantes.

Sabemos que nada dura e hai ganas de falar,

de evitar que o limo asente e podreza,

pero nunca chegamos a aprender a técnica”.

De pequena habitei un mundo mudo, no que as palabras como “quérote”, “ámote”, ou calquera outra que denotase cariño, non existían. Andabamos pola vida co peso todo das accións, coma se de vez en cando non prestase chamarlle ás cousas polo seu nome. Coma se nunca nos apetecese dar un abrazo a un irmán ou expresar certos sentimentos por una avoa que pronto ía desaparecer. Fomos, coma tantas outras, unha familia na que se manifestaba a diario que do amor non se vive, e que o afecto se constrúe con accións concretas. Un pouco de todo iso, desa impotencia, observo nos versos anteriores, quitados do poemario O perfil da boca, de Lorena Conde, que nos leva a pensar na importancia das verbas ditas a tempo. Por iso continúa o poema así:

“Cando souben que María ía morrer pronto,

urxiume a despedida,

valinme dun descoido das dúas,

e deixei caer un avoa, quérote moito.

Ese xesto indefinible e ningunha resposta”.

O perfil da boca defínese, pois, coma un poemario que pretende apreixar o importante, e de aí que moitos dos versos nos falen da avoa, de María, desa figura imprescindible que lembramos pero á que non lle expresamos o que sentimos por ela. Tamén están presentes algunhas parvadas sobre as que falamos no día a día e que nos constrúen como persoas, algo ao que contribúen tamén as ilustracións da propia autora que acompañan os versos.

En definitiva, O perfil da boca é unha homenaxe ás avoas, que son as posuidoras da nosa forma de vida e do sentir que temos como persoas. Mais constitúe tamén un alegato a favor da expresión da vida, das demostracións de afecto tan necesarias como ausentes. Encantoume!

Ficha técnica

Título: O perfil da boca

Autora: Lorena Conde

Editorial: Urutau

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 51

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .