Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é xornalista e especialista en programas de estudos en mancomún. A súa obra poética, recoñecida con galardóns como o GzCrea ou o Francisco Añón, concéntrase en Dende illa peixe, Ovella, e claus e o alacrán, títulos que amosan o seu interese por reconstruír os espazos cotiás a partir das exploracións íntimas, con versos […]
A poesía revolucionaria, reivindicativa, esa que parte dos nosos sentimentos para levarnos á acción. Así escribe Adriám Mosqueira Paços “Senlheiro”, autor nado en Quistiláns no 1985 e que xa ten na súa biografía os libros como fora de control, interferências, labirintos do silêncio, interrogantes, abracaribes, e para o pobre sempre é noite. Diplomado en educación […]
Licenciada en Xornalismo e cun mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural, Arancha Nogueira gozou de estadías entre Madrid, Porto, Belfast e, por suposto, Ourense, a súa cidade natal e a inspiradora de moitos dos seus versos e historias. Publicou a súa obra en diversas antoloxías e conta con poemarios de autoría propia como o […]
Quizais é que ninguén podería falar mellor sobre e do mar ca unha persoa nada na fin do mundo. Antón Recamán (Cee, 1985), é profesor e vén de publicar o seu poemario As mans atlánticas da ausencia (Urutau, 2020) que nace dun silencio longo, de palabras quedas e dunha vida en constante comuñón coas mareas, […]
A poesía tamén aproveitou a Covid-19 para espallar os seus versos. Precisamente Lupe Gómez, unha das poetas actuais máis renovadoras, resultou gañadora do Premio “Miguel González Garcés” de Poesía 2020 da Deputación Provincial da Coruña coa obra Sílabas da peste, un conxunto de poemas, cartas e microrrelatos nos que a pandemia e o fechamento domiciliario […]
“Exercer o meu dereito inapelable a soñar”. Coma nunha estraña e fermosa confabulación, este verso de Teresa Ríos, sacado do seu poemario Non estamos preparados para medrar fica na miña memoria nestes días nos que, novamente, recalo en Frida Kahlo e nesa conversa co seu pai na que a pintora lle pide que lle lembre […]
Como é o proceso de creación? Que supón chegar á palabra exacta? Que se sente ao ser quen de expresar unha idea, un sentimento, cunha historia? Estas preguntas agóchanse detrás de As palabras están a mirarse arredor da mesa, un libro de reflexión literaria de Antonio García Teijeiro acompañado coas ilustracións de Lidia Cao, que […]
Es importante guarecer la memoria individual y también la colectiva, guardar los recuerdos y nuestra interpretación de los mismos como hacen nuestras abuelas con la fruta y los tarros de mermelada. Se depositan en los armarios o se regalan a las amistades, y un día se abren y se disfrutan. No sé, quizás con la […]
Cada vez que me dá por pensar no que significa este espazo para min, rapidamente me vén á mente a importancia das persoas que estades ao outro lado, das que tedes en conta o criterio do que publico, das que me apoiades neste fío invisible que é a literatura. Nunca cansarei de dar as grazas […]
“Feriron o idioma. / Esganaron os cantares. / Riron do noso xeito / de repartir os montes. / Tratáronnos coma lombrigas. / Espoliaron a biblioteca / que a República / inaugurara en Muras”. A poesía galega actual non esquece as orixes e o compromiso coa terra e coas persoas que a manteñen día a día […]