Cuestionario Proust: Arancha Nogueira, escritora e xornalista

Licenciada en Xornalismo e cun mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural, Arancha Nogueira gozou de estadías entre Madrid, Porto, Belfast e, por suposto, Ourense, a súa cidade natal e a inspiradora de moitos dos seus versos e historias. Publicou a súa obra en diversas antoloxías e conta con poemarios de autoría propia como o único lugar onde ficar inmóbil, spleen en catro tempos, hahstags para un espazo agónico ou dente de lente, entre outros. No terreo da literatura infantil publicou A mestra corremundos, unha biografía adaptada de Pura Vázquez.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Difícil… se fose un, creo que o compromiso, a lealdade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A disidencia (ergo, a autocrítica).

3. E nunha muller? A xenerosidade.

4. Que agardas das túas amizades? Que me sigan querendo, con todo (tamén con todo o que significa querer).

5. O teu principal defecto? Son moi sensíbel e moi arroutada. Mala combinación.

6. A túa ocupación favorita? Ler, escribir, bailar, beber cervexa coa xente que quero e coa que estou aprendendo a querer.

7. O teu ideal de felicidade? A miña xente querida, unha casa con galería e “unha biblioteca que nos sobreviva a todas”.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Ficar soa (sen o mar, sen o barco e sen un nós ao que dicir nós).

9. Que che gustaría ser? Feliz. Tamén actriz de musical.

10. En que país desexarías vivir? En Galiza, nunha Galiza outra (na de Feijóo non, desde logo).

11. A túa cor favorita? O verde-fraga.

12. A flor que máis che gusta? O estralote.

13. Que paxaro prefires? Son ornitofóbica! Pero ás aves que non voan non lles teño tanto medo… por exemplo, o fraileciño.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Virginia Woolf, Milan Kundera, Eduardo Blanco Amor, Berta Dávila…

15. E poetas? Wislawa Szymborska, Sylvia Plath, Ana Cristina Cesar, Ana Romaní, Lupe Gómez, María Lado…

16. Un heroe de ficción? O pequeno vampiro.

17. Una heroína? As Sailormoon.

18. O teu músico ou música favorito/a? Ataque Escampe (sempre fan) e este ano escoitei moitísimo a Zahara.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Marc Chagall e ultimamente estou obsesionada con Alice Neel.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Podería dicir, por exemplo, miña avoa. Pero, en xeral, todas as miñas amigas.

21. O teu nome favorito? Xan e Celtia (así digo sempre que se van chamar as miñas fillas futuras!).

22. Que hábito alleo non soportas? A falta de compromiso.

23. Que é o que máis detestas? O narcisismo.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Unha só? E de que historia? Desta que nos contaron case todo o mundo me pon mal corpo…

25. Un feito histórico que admires? Calquera levantamento dun colectivo oprimido fronte a un poder opresor.

26. Que virtude desexarías posuír? A paciencia.

27. Como che gustaría morrer? De vella, nun soño grande e demorado.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Melancólico.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que parten da inocencia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Vivir intensamente, que se non para que.

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.