Cuestionario Proust Lara Dopazo Ruibal: xornalista e escritora

Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é xornalista e especialista en programas de estudos en mancomún. A súa obra poética, recoñecida con galardóns como o GzCrea ou o Francisco Añón, concéntrase en Dende illa peixe, Ovella, e claus e o alacrán, títulos que amosan o seu interese por reconstruír os espazos cotiás a partir das exploracións íntimas, con versos que concentran na súa capacidade imaxinativa o potencial lírico. Influenciada polo feminismo como instrumento de prospección creativa e social, Lara Dopazo cultivou tamén a narrativa en Clementina, que lle valeu no ano 2015 o premio Nortear, e en O axolote, co que gañou o Premio Illa Nova no 2020. Recentemente, o seu poemario claus e o alacrán vén de ser publicado en Estados Unidos nunha tradución de Laura Cesarco Eglin.

 1. O principal trazo do teu carácter? Certo tipo de curiosidade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A honestidade.

3. E nunha muller? A honestidade.

4. Que agardas das túas amizades? Que o sexan por moitos anos.

5. O teu principal defecto? A inquietude.

6. A túa ocupación favorita? Camiñar.

7. O teu ideal de felicidade? A tranquilidade.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Ver sufrir á xente que me rodea.

9. Que che gustaría ser? Feliz, sexa o que sexa isto.

10. En que país desexarías vivir? No meu.

11. A túa cor favorita? O negro.

12. A flor que máis che gusta? A flor do magnolio.

13. Que paxaro prefires? O corvo.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Valeria Luiselli, Manuel Darriba, Agota Kristof…

15. E poetas? Anne Carson, Inger Christensen, Lupe Gómez…

16. Un heroe de ficción? Obélix.

17. Unha heroína? Matilda.

18. O teu músico ou música favorito/a? Non creo que poida escoller!

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Tampouco sei escoller.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Case todas as persoas que me rodean son bastante heroicas.

21. O teu nome favorito? Non teño!

22. Que hábito alleo non soportas? A mentira.

23. Que é o que máis detestas? A inquina.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador.

25. Un feito histórico que admires? Calquera período, en calquera lugar, no que se traballe para construír a paz.

26. Que virtude desexarías posuír? A sabedoría.

27. Como che gustaría morrer? Sen sufrir.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Certo optimismo.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A inconstancia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Malo será.

Foto da autora: David Espinho

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.