O sol do verán

Carlos Casares, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017

Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, destaca pola súa capacidade para novelar unha realidade que se insire no convulso panorama da narrativa de posguerra, e foi dos primeiros en abordar o conflito como tema literario. Con motivo da efeméride deste 2017, leo de novo a Casares, […]

Leer Más

Os nenos da varíola

María Solar, autora de "Os nenos da varíola"

Botar a vista ao pasado para recordar certos feitos nunca está de máis. Eu diría que cada certo tempo deberiamos de virar a cabeza para ver os porqués do que realmente somos. Esta visión ben puidera facerse sobre todo no ámbito da medicina, onde se avanzou tanto que hoxe moitos pensamos que sempre foi así, […]

Leer Más

A candidata

Miguel Sande, autor de "A candidata"

Gravar ou escribir para acreditar que o que nos sucede é real. Falar diante dunha cámara para testemuñar que un día nos ocorreu algo insólito e que cambiou o sentido da nosa vida. Verter os nosos sentimentos diante dun micro, que nos axude a comprender quen somos realmente tras esta crise que nos afoga. Con […]

Leer Más

A soidade das medusas

Iria Collazo López, autora de "A soidade das medusas"

“Só. Illado nun mar de edificios, sen faro ningún que procurar”. Fálanos aquí unha voz narradora que describe a soidade que sente un escritor que está pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos. Con el comeza a nova novela de Iria Collazo López. Digo novela á mantenta, porque xa […]

Leer Más

Nordeste

A primeira novela de Daniel Asorey é "Nordeste"

Somerxerse no Nordeste de Daniel Asorey resulta una experiencia perigosa e revolucionaria. Nesta primeira novela, o autor fálanos da loita das mulleres por acadar o mesmo estatus que os homes, e tamén explora esoutra parte do ser humano que desde sempre loitou por eliminar as barreiras entre as clases máis ricas e os desclasados. Vexamos. […]

Leer Más

Os elefantes de Sokúrov

Antón Riveiro Coello, autor de "Os elefantes de Sokúrov"

Descubrín a maxia da escrita de Antón Riveiro Coello e volvín recuperar a cidade de Compostela na que vivín tantos anos nas páxinas de Os elefantes de Sokúrov. Explícome, deixei xa fai uns anos a Cidade do Apóstolo, na que tantos e bos momentos vivín e á que volvo cada certo tempo, ben sexa fisica […]

Leer Más

Entrevista Francisco Castro: “El Amor es lo que mueve el mundo y no hay otro tema más importante”

El escritor Francisco Castro

Francisco Castro es un vigués, ex profesor de filosofía y editor, pero es también el fenómeno editorial gallego, un ejemplo de que nuestra literatura tiene mucho que demostrar al mundo. En sus libros, las historias enganchan de una forma impensable, debido al manejo de los mecanismos de la intriga y de la economía lingüística. Vigués […]

Leer Más

Xeración perdida

Francisco Castro, autor de "Amor é unha palabra coma outra calquera"

Virginia Woolf dixo un día que «nada acontece en realidade ata que non se retén na memoria». Esta cita é a elixida polo escritor vigués Francisco Castro para iniciar Xeración perdida, unha novela que parte da realidade para recalar na ficción máis verosímil. A historia que temos entre mans parte precisamente da memoria, da dos […]

Leer Más

Entrevista Ramón Nicolás: “Precisamos defender e preservar a lingua galega, que é a ferramenta do traballo creativo de moitas persoas”

Se alguén quere coñecer en profundidade sobre a literatura galega, é obrigado visitar a páxina/ blog Caderno da crítica, dirixida por Ramón Nicolás, un home ben coñecedor da nosa lingua, que ten traballado arreo por dar a coñecer o que se coce nas nosas fronteiras. Herdeiro desta literatura contemporánea da que tanto coñece, e xa […]

Leer Más

Entrevista Inma López Silva: “Cualquiera puede entrar en la cárcel porque cualquiera puede desesperarse, cometer un error o enloquecer”

Inma López Silva, autora d e"Aqueles días nos que eramos malas"

La gallega Inma López Silva acaba de publicar recientemente en gallego la novela Aqueles días nos que eramos malas, de la mano de la Editorial Galaxia; y en enero dará el paso al castellano con el apoyo de Lumen. Inma es una de las grandes voces de la literatura gallega contemporánea y en todas sus […]

Leer Más