Os bicos feridos

Anna R. Figueiredo estréase na literatura cunha primeira novela á altura das grandes obras que nacen dun amplo goce da lectura. Porque, como adoita dicirse, antes que escritores debemos ser lectores, pois este oficio só se aprende a base de ler moito e variado.

Quero dicir con isto que Os bicos feridos non semella unha opera prima, pois nela actívanse mecanismos ficcionais que parten dun gran coñecemento da escrita, cunha certa dose de contención e de palabras ditas a media voz.

Sobrevivir é doado, temos totalmente desenvolvido un instinto para garantir a nosa supervivencia. O problema é vivir. Vivir sen traballo, por exemplo. Sen unha nómina que a final de mes garanta as comodidades creadas ás que estamos afeitos”.

Gañadora do I Premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela, a obra parte da historia de Olivia, unha rapaza que vén de rematar unha carreira cun expediente brillante e que emigra a Londres para traballar de au pair nunha familia de clase media. Pronto descubrirá as fraquezas desta familia e da sociedade londinense en xeral, na que o racismo e a división entre clases están moi enraizadas.

Olivia é unha personaxe moi actual, ao igual que todo o libro, pois nela radican moitas das preocupacións e síntomas da sociedade na que nos tocou vivir, como é o caso das redes sociais e da crecente soidade do individuo. E é que ninguén semella decatarse da existencia de Olivia, e ela tampouco quere contactar co mundo anterior deixado na súa Galiza natal.

Ao son da música inglesa, das bolboretas, do té e do po laranxa, constrúese unha historia que son en realidade moitas outras, cun gran dominio da linguaxe metáforica, icónica e, quizais, con múltiples significados. Quixera centrarme neste último adxectivo, pois Os bicos feridos defínese en si mesma coma unha novela poliédrica na que atopamos moitísimas reflexións sociais impregnadas dun gran lirismo, o que fan que debamos estar atentos para non perder o fío do que se nos quere contar.

Sitúase esta novela nese grupo das que valoramos máis polo estilo e a forma cá polo sentido do que narran. Quizais por iso tan só lla recomendaría ás persoas que buscan na lectura a marabilla do xogo das palabras, e non só acción e entretemento.

Ficha técnica

Título: Os bicos feridos

Autora: Anna R. Figueiredo

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 394

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .