Antón Riveiro Coello é un dos grandes narradores do noso tempo, cunha voz propia e cuns personaxes que sempre reflexionan sobre un tempo. Autor de obras tan exitosas como Valquiria (1996), Animalia (1999), As rulas de Bakunin (2000), Casas baratas (2003), Laura no deserto (2011), Os elefantes de Sokúrov (2015) ou A ferida do vento […]
Botar a vista ao pasado para recordar certos feitos nunca está de máis. Eu diría que cada certo tempo deberiamos de virar a cabeza para ver os porqués do que realmente somos. Esta visión ben puidera facerse sobre todo no ámbito da medicina, onde se avanzou tanto que hoxe moitos pensamos que sempre foi así, […]
Gravar ou escribir para acreditar que o que nos sucede é real. Falar diante dunha cámara para testemuñar que un día nos ocorreu algo insólito e que cambiou o sentido da nosa vida. Verter os nosos sentimentos diante dun micro, que nos axude a comprender quen somos realmente tras esta crise que nos afoga. Con […]
“Só. Illado nun mar de edificios, sen faro ningún que procurar”. Fálanos aquí unha voz narradora que describe a soidade que sente un escritor que está pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos. Con el comeza a nova novela de Iria Collazo López. Digo novela á mantenta, porque xa […]
Somerxerse no Nordeste de Daniel Asorey resulta una experiencia perigosa e revolucionaria. Nesta primeira novela, o autor fálanos da loita das mulleres por acadar o mesmo estatus que os homes, e tamén explora esoutra parte do ser humano que desde sempre loitou por eliminar as barreiras entre as clases máis ricas e os desclasados. Vexamos. […]
Adoitamos pensar en Cuba coma una terra de paisaxes máxicas e como un dos primeiros lugares nos que agromou una ditadura comunista que foi a salvación do pobo máis tamén a súa condena. E nesa dualidade, a literatura que lemos e os medios de comunicación teñen moito que ver. Fuxindo dunha visión turística da illa […]
María Solar é unha comunicadora nata. Amplamente coñecida por todos e todas é a súa faceta de presentadora da Revista Fin de Semana da TVG, pero tamén destaca na literatura infantil, ámbito no que a crítica a ten loado amplamente. Unha das súas obras máis coñecidas neste terreo é O meu pesadelo favorito, coa que […]
O xénero negro sempre é mellor canto máis curtos sexan os capítulos, porque a intensidade mantense en doses pequenas que fan que o lector/a estea en vilo desde o comezo ata o remate. Esta sensación é a que temos con Noire Compostela, coa que Blanca Riestra gañou o XVI Premio de Novela por Entregas de […]
Descubrín a maxia da escrita de Antón Riveiro Coello e volvín recuperar a cidade de Compostela na que vivín tantos anos nas páxinas de Os elefantes de Sokúrov. Explícome, deixei xa fai uns anos a Cidade do Apóstolo, na que tantos e bos momentos vivín e á que volvo cada certo tempo, ben sexa fisica […]
Virginia Woolf dixo un día que «nada acontece en realidade ata que non se retén na memoria». Esta cita é a elixida polo escritor vigués Francisco Castro para iniciar Xeración perdida, unha novela que parte da realidade para recalar na ficción máis verosímil. A historia que temos entre mans parte precisamente da memoria, da dos […]