Viaxe á última revolución

Xerardo AgraFoxo, autor de "Viaxe á última revolución"

Adoitamos pensar en Cuba coma una terra de paisaxes máxicas e como un dos primeiros lugares nos que agromou una ditadura comunista que foi a salvación do pobo máis tamén a súa condena. E nesa dualidade, a literatura que lemos e os medios de comunicación teñen moito que ver.

Fuxindo dunha visión turística da illa caribeña, o historiador Xerardo AgraFoxo decidiu enrolarse un día en camións e demais vehículos populares para volver visitar os recunchos de Cuba tras moitos anos da súa primeira experiencia. Foi en 2014, e das súas vivencias máis persoais, en consonancia coas xentes dos diversos lugares, e co análise da literatura que deu este país, Xerardo AgraFoxo escribiu un libro, que titulou precisamente Viaxe á última revolución. Nel fálanos o autor noiés dunha Cuba na que a revolución perdeu esa aura dourada que tiña naqueles anos nos que Fidel Castro se presentaba como o salvador e o garante da loita polas liberdades. As persoas coas que se atopa o escritor ao longo do seu periplo comentan a cotío que Cuba xa non é o que era, e que a día de hoxe adoece de moitos problemas derivados dunha mala praxe política.

Ademais dunha explicación crúa e realista do que é hoxe a vida na illa, aparecen neste libro os sentimentos máis persoais de Xerardo, quen toma como propósito “fixarse nos nativos e nas formas de vivir”, fuxindo pois desa visión turística. Neste sentido, esta viaxe persoal deriva nunha historia viva, das xentes cubanas e da súa peculiar forma de ser.

Agroma aquí unha necesidade imperiosa por facer que vexamos as viaxes doutra forma, como unha maneira de atoparse a si mesmos e de vivir experiencias novidosas.

“Atravesar Cuba en solitario foi unha decisión imprescindible para perderme e, como me dixera a muller suíza, para buscar despois a orientación. A incomodidade de subir nos camións doutro tempo, a ingratitude dos atrasos e o traballo de indagar como saír das cidades, tamén foron necesarios para decatarme dunha crúa certeza: a dificultade de conversas cos cubanos dos asuntos que eles consideran delicados”.

Na prosa de AgraFoxo transpírase xornalismo en estado puro, con matices que ben semellan unha crónica ou un diario de viaxes cunha clara vocación de reportaxe. A memoria dun tempo e dun lugar sempre se pode ver de distintas formas segundo sexa o prisma do que observa.

Ficha técnica

Libro Viaxe á última revolución- Xerardo AgraFoxoTítulo: Viaxe á última revolución

Autor: Xerardo AgraFoxo

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 370

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.