A vida sinxela de Marcelo Firmamento

Vanesa Santiago, autora de "A vida sinxela de Marcelo Firmamento"

O pasado domingo coñecín a Marcelo Firmamento. Coñecer, si. Dígoo ben, pois Vanesa Santiago preséntanos a un personaxe que ben podería ser unha persoa de carne e óso, un veciño calquera da nosa aldea, un soñador nato. A escritora sadense, que pasa abondosas tempadas do seu día a día como xestora dunha biblioteca, constrúe n’ […]

Leer Más

Latexo Beat

"Latexo Beat" é unha compilación de poemas en varios idiomas do Festival Kerouac de Poesía, que se celebra dende fai sete anos en Vigo

Somentes a poesía dispón da forza necesaria para expresar os sentimentos máis sinceros, as tolemias máis impensables, e para protestar por aquilo que nos incomoda. E por iso, ante as inclemencias dun mundo cambiante e, por que non atreverse a dicilo, un tanto intolerante, ler poesía é un exercizo de valentía. E recitala tamén. Latexo […]

Leer Más

Entrevista Ana Cabaleiro: “Todo o que despois vin escrito, xa o levaba aprendido dos contos falados da aldea”

Ana Cabaleiro estréase na literatura con "Sapos e Sereas"

Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) vén de debutar na literatura con Sapos e Sereas, un compendio de catro relatos que lle dan una volta de torca a todas as nosas crenzas, aos contos infantís. Ás escrituras bíblicas, mais tamén ás funcións da publicidade no espallamento dos tópicos e as desigualdades sociais. Contra todo isto, os relatos […]

Leer Más

Unha verdade amarga

Celia Díaz Núñez, autora de "Unha verdade amarga"

Enfrontarse a un pasado onde a veces xusta recoñecerse. A memoria xóganos malas pasadas. Eses son os temas sobre os que transita a nova novela de Celia Díaz Núñez, que se titula Unha verdade amarga, na que navegan varias personaxes silandeiras e cun pasado de débedas pendentes, amores agochados, aldraxes amoreadas e moitos, quizais demasiados, […]

Leer Más

Bibliópatas e fobólogos

Emma Pedreira, autora de "Bibliópatas e fobólogos"

Teño que confesar que sinto unha tentación especial polos libros que falan de libros, e dos sentimentos que estes nos evocan. Ante esta declaración, non sorprenderá que me declare fan absoluta de Bibliópatas e fobólogos, o recente libro de Emma Pedreira no que recolle relatos e microrrelatos nos que se fala da paixón literaria. Unha […]

Leer Más

Sapos e sereas

Ana Cabaleiro iníciase na literatura co libro de relatos "Sapos e sereas"

Xa non hai sapos que se convertan en príncipes nin sereas que sexan mansas. Máis ben nunca deberon de existir. Xórdeme esta reflexión despois de ler os relatos que Ana Cabaleiro reúne no seu primeiro libro, titulado precisamente Sapos e sereas. Quero comentar que me ocorreu algo moi curioso con estes contos. Normalmente leo os […]

Leer Más

Na casa da avoa

Marta Dacosta, autora de "Na casa da avoa"

Marta Dacosta é unha combatente en todos os ámbitos da vida. Por iso, dende a súa faceta política ata a máis poética, atopa ela a voz para erguerse e para rebelarse ante as inxustizas do mundo. Con ansias de combate lemos Na casa da avoa, o seu poemario máis recente no que as mulleres somos […]

Leer Más

Entrevista Daniel Asorey: “É da carraxe de onde as comunidades tiran parte do seu futuro e da súa liberdade”

A primeira novela de Daniel Asorey é "Nordeste"

Recoñécese como un admirador da literatura portuguesa e brasileira, e da súa arte en xeral. Daniel Asorey vén de estrearse na literatura coa novela Nordeste, publicada pola Editorial Galaxia tras obter o Premio Narrativa Breve Repsol 2016, unha proposta na que fala da nosa Galiza e do Brasil, e tamén dos oprimidos e da loita […]

Leer Más

O sol do verán

Carlos Casares, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017

Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, destaca pola súa capacidade para novelar unha realidade que se insire no convulso panorama da narrativa de posguerra, e foi dos primeiros en abordar o conflito como tema literario. Con motivo da efeméride deste 2017, leo de novo a Casares, […]

Leer Más