O meu pesadelo favorito

María Solar, autora de "O meu pesadelo favorito"

María Solar é unha comunicadora nata. Amplamente coñecida por todos e todas é a súa faceta de presentadora da Revista Fin de Semana da TVG, pero tamén destaca na literatura infantil, ámbito no que a crítica a ten loado amplamente. Unha das súas obras máis coñecidas neste terreo é O meu pesadelo favorito, coa que se fixo co Premio Lazarillo 2014.

Esta historia, que se ten traducido xa a moitos idiomas, pode atoparse en galego da man da Editorial Galaxia, que inclúe unhas marabillosas ilustracións da autoría de María Lires. Nela, María Solar incide no tratamento de temáticas profundas explicadas para a infancia, o que non deixa de resultar unha tarefa que se multiplica por dous. Están presentes aquí a diversidade entre os seres humanos (moi necesaria, por certo), a importancia do cariño e do mar, ou o poder dos soños e da imaxinación para pensar situacións fantásticas. Unha manchea de personaxes e situacións divertidísimos compoñen esta novela, que se narra cunha linguaxe que ben pode chegar a pequenos e maiores.

Sempre me ocorre que cando me achego ás páxinas dun libro infantil, teño a sensación de que volvo ás miñas orixes, de que aínda que xa teña pasado eses primeiros anos, a imaxinación me pode transportar de novo a eles. Esta é a historia de Manuel,un neno ao que todos consideran raro, e que debe pasar uns días na cama por mor dunha febre que lle dá sono. A partir de aquí, o neno soña moito, dando lugar a situacións insólitas e que serven á autora para introducir determinadas ensinanzas de xeito ameno.

“Aquilo era o bo de soñar, que non gastas un patacón, nin en poñerlle música nin en pagar o que mercas nin en nada”.

Sen dúbida, unha boa proposta para levar certas realidades aos máis pequenos. E é que a literatura sempre nos pode botar un cabo.

Ficha técnica

O meu pesadelo favoritoTítulo: O meu pesadelo favorito

Autora: María Solar

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 175

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.