Recoñécese como un admirador da literatura portuguesa e brasileira, e da súa arte en xeral. Daniel Asorey vén de estrearse na literatura coa novela Nordeste, publicada pola Editorial Galaxia tras obter o Premio Narrativa Breve Repsol 2016, unha proposta na que fala da nosa Galiza e do Brasil, e tamén dos oprimidos e da loita […]
Lin A Candidata recomendada por unha boa amiga lectora, e impactou tanto en min que a definín coma un “disparo na caluga”. Esta descrición gustoulle moito ao seu autor, ao que hoxe entrevisto neste espazo. Miguel Sande (Arteixo, 1961) é xornalista, poeta e narrador, e con esta última novela vén de gañar o Premio García […]
Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, destaca pola súa capacidade para novelar unha realidade que se insire no convulso panorama da narrativa de posguerra, e foi dos primeiros en abordar o conflito como tema literario. Con motivo da efeméride deste 2017, leo de novo a Casares, […]
Antón Riveiro Coello é un dos grandes narradores do noso tempo, cunha voz propia e cuns personaxes que sempre reflexionan sobre un tempo. Autor de obras tan exitosas como Valquiria (1996), Animalia (1999), As rulas de Bakunin (2000), Casas baratas (2003), Laura no deserto (2011), Os elefantes de Sokúrov (2015) ou A ferida do vento […]
Botar a vista ao pasado para recordar certos feitos nunca está de máis. Eu diría que cada certo tempo deberiamos de virar a cabeza para ver os porqués do que realmente somos. Esta visión ben puidera facerse sobre todo no ámbito da medicina, onde se avanzou tanto que hoxe moitos pensamos que sempre foi así, […]
Gravar ou escribir para acreditar que o que nos sucede é real. Falar diante dunha cámara para testemuñar que un día nos ocorreu algo insólito e que cambiou o sentido da nosa vida. Verter os nosos sentimentos diante dun micro, que nos axude a comprender quen somos realmente tras esta crise que nos afoga. Con […]
“Só. Illado nun mar de edificios, sen faro ningún que procurar”. Fálanos aquí unha voz narradora que describe a soidade que sente un escritor que está pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos. Con el comeza a nova novela de Iria Collazo López. Digo novela á mantenta, porque xa […]
Somerxerse no Nordeste de Daniel Asorey resulta una experiencia perigosa e revolucionaria. Nesta primeira novela, o autor fálanos da loita das mulleres por acadar o mesmo estatus que os homes, e tamén explora esoutra parte do ser humano que desde sempre loitou por eliminar as barreiras entre as clases máis ricas e os desclasados. Vexamos. […]
Adoitamos pensar en Cuba coma una terra de paisaxes máxicas e como un dos primeiros lugares nos que agromou una ditadura comunista que foi a salvación do pobo máis tamén a súa condena. E nesa dualidade, a literatura que lemos e os medios de comunicación teñen moito que ver. Fuxindo dunha visión turística da illa […]
María Solar é unha comunicadora nata. Amplamente coñecida por todos e todas é a súa faceta de presentadora da Revista Fin de Semana da TVG, pero tamén destaca na literatura infantil, ámbito no que a crítica a ten loado amplamente. Unha das súas obras máis coñecidas neste terreo é O meu pesadelo favorito, coa que […]