“Ola, rapaces do pasado! Que por que vos chamo ‘rapaces do pasado’? Pois porque eu, a que está escribindo isto, son Sheila, vivo no ano 2075, e dende aquí escribo. O meu mundo, sabedes?, é distinto do mundo do voso tempo en moitas cousas; pero aínda así podémonos comunicar dalgún xeito, como vedes, do contrario […]
Xa sabedes que Lecturafilia é unha bitácora moi persoal, na que comparto opinións sobre os libros que vou lendo e me deixan pouso, mais tamén as propias obsesións, que non son poucas. Para as persoas que me seguides por aquí e polas redes sociais, non vos sorprenderá que volva incidir na miña busca actual polos […]
“O tempo pasa. Ás veces é o único que pasa”. Escoitei recitar a Antón Reixa o pasado ano durante a celebración do Festival Entreverbas. Lembro que fun acompañada de meus irmáns e que eles ficaron mudos co monólogo poético que soltou Reixa diante dun público atento e con ganas de sorprenderse. Creo que alí xa […]
Se queremos aprender sobre compromiso, feminismo, diversidade, ecoloxía e, en definitiva, sobre a xustiza social, en Galiza temos o referente de María Reimóndez, unha muller polifacética que leva os eses valores a todo o que fai na vida, ben sexa como escritora, como tradutora ou intérprete ou como activista dos dereitos humanos. Diante dunha muller […]
“Se do que se trata é de sobrevivir, a resistencia pode que sexa o único xeito de vivir intensamente. É agora, neste límite, onde me sinto viva, viva coma nunca”. Tiña ganas de ler Permaxeo, de Eva Baltasar, dende hai tempo, pero non atopara o momento ata agora, cando acaba de saír publicada en galego […]
Ultimamente perségueme unha obsesión: acudo á literatura cun certo afán de tentar comprenderme, coma se estivese diante de premonicións, de avisos máis ou menos certeiros. Acudo aos libros buscándome que creo que, ao fin e ao cabo, é o que facemos un pouco todas as persoas lectoras, non credes? Mais tamén acudo a eles para […]
Na actualidade están xermolando moitísimos proxectos culturais de recuperación das voces das mulleres que foron silenciadas no pasado. Este camiño, moi prolífico na literatura infantil e xuvenil, ten un duplo obxectivo: dunha banda, conseguir que se coñeza a traxectoria vital e profesional das que nos precederon, e por outra, que as nenas de hoxe en […]
“E dende que mamá chegara aquela madrugada soa de volta á casa, para min o silencio xa fora en adiante o mesmo que a morte”. Adoitan dicir os manuais de escritura que unha boa historia sempre debe comezar cun ou varios elementos de intriga que nos fagan prender na lectura e non soltar o libro […]
As citas do comezo dos libros sempre nos ofrecen pistas do que imos atopar, e por iso gusto tanto delas. Iso penso despois de rematar o libro Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, e ver que todo o que se conta nel sabe a verdade, como xa auguraban o texto de Ángel González que […]
A gran vantaxe dos álbums ilustrados é que poden chegar aos máis pequenos e pequenas e, tamén, ás persoas máis adultas. Eu gozo moito da descuberta de títulos que me fan volver á infancia e centrarme en sentimentos ou sensacións que cría esquecidas. O meu baleiro, de Marcos Viso, é unha proposta que fala das […]