«O que non sabías», de Elba Pedrosa

Elba Pedrosa, autora de "O que non sabías"

“E dende que mamá chegara aquela madrugada soa de volta á casa, para min o silencio xa fora en adiante o mesmo que a morte”.

Adoitan dicir os manuais de escritura que unha boa historia sempre debe comezar cun ou varios elementos de intriga que nos fagan prender na lectura e non soltar o libro ata rematalo. Ese gancho conségueo con matices Elba Pedrosa en O que non sabías, unha novela moi breve que vén de publicar na editorial Xerais e coa que nos fala de segredos que poden ocultar todas as familias. O argumento artéllase arredor das lembranzas de Roberto sobre Marina, a súa nai e unha muller afouta e tenaz; e compleméntase cunha serie de cartas que ela remite a un curmá que se atopa emigrado e ao que lle confía moitas cousas da súa vida coas que ás veces lle costa demasiado convivir.

A novela fala, pois, deses segredos familiares, e de como durante a adolescencia podemos crer nunha historia que na idade adulta cae coma un castelo de area, quizais porque non existen vidas sinxelas e que a complexidade é o xerme de moitas vidas. Como a de Marisa, a gran protagonista desta novela, que representa a todas as mulleres que fixeron e fan todo o posible por sobrepoñerse ante as circunstancias que lles toca vivir, fortes a pesar da debilidade interior que ás veces ás corroe, que fan todo o posible polos fillos e porque estes non sufran e que, a pesar de todo iso, conseguen loitar polos seus soños. Neste senso, a protagonista móstrase feliz cando comeza a pensar na libraría que vai poñer en marcha na vila que habita, unha paixón que a leva a loitar con forza e a sentir que os soños son posibles. Ela, que atopou sempre acubillo nas letras, quere proporcionar ese mesmo pracer a outras persoas, e por iso é inevitable non sentir tenrura.

“Aínda estou a reler libros dos que me deixaches nas caixas. Téñoas agochadas debaixo do catre para que a xente non ande con díxomes de que non coido dos fillos pola lectura. Non hai cousa coa que goxe máis ca cos libros. E con imaxinarte ao meu lado coma se non marchases nunca. Ti tamén o fas?”

Considero que O que non sabías é unha novela que nos envolve e intriga ata o final, pero que carece de desenvolvemento e de profundidade nos personaxes, e cuns elementos de intriga que se resolven de maneira un tanto apurada. Aínda que o inicio consegue impactarnos, a autora non consegue resolver de xeito natural todas incógnitas que nos propón.

Ficha técnica

Título: O que non sabías

Autora: Elba Pedrosa

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 159

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.