Viaxar polo mundo cos libros de Ramón Caride Ogando

“Ola, rapaces do pasado! Que por que vos chamo ‘rapaces do pasado’? Pois porque eu, a que está escribindo isto, son Sheila, vivo no ano 2075, e dende aquí escribo. O meu mundo, sabedes?, é distinto do mundo do voso tempo en moitas cousas; pero aínda así podémonos comunicar dalgún xeito, como vedes, do contrario eu non estaría escribindo isto nin vós o estariades lendo”.

Said e Sheila son dous irmáns que viven no 2075 e poden enviar información ao pasado. Orfos de pais, os nenos vivirán incribles aventuras nas que a ciencia xogará un papel fundamental.

O profesor Ramón Caride Ogando decidiu comezar nos anos 90 unha serie de libros que transmitisen pracer lector e, ao tempo, nos que os nenos e nenas aprendesen sobre o mundo e tomasen conciencia del. Precisamente, para esta III Feira da Ciencia e da Literatura, comentamos dous destes títulos, Perigo vexetal e Ameaza na Antártida, que contan cunhas incribles ilustracións de Miguelanxo Prado.

No primeiro, a aventura parte da noticia que atopan os nenos relativa a unha planta produtora de supercereal SC-1 que aseguraría os problemas alimentarios do mundo. A partir de aí os dous irmáns comezan a desconfiar e inician unha trepidante aventura que os levará polo mundo co obxectivo de tentar salvar a humanidade dunha terrible catástrofe. A través dun diario alternado no que cada capítulo é narrado por un dos protagonistas, o autor fainos pensar na utilidade da ciencia. E é que os inventos e avances científicos poden empregarse para facer o ben ou o mal, e neste proceso ten moito que ver a ética e a moral de cada persoa.

Pola súa banda, Ameaza na Antártida parte doutro suceso tamén moi científico: unha serie de peixes que aparecen mortos no río preto á súa casa e que ten que ver co efecto da radioactividade. Coa curiosidade sempre activa, os cativos comezarán a pensar nas causas deste acontecemento e volverán ir polo mundo para descubrir que todas as accións da humanidade están interconectadas e que o que se fai nun lugar repercute directa ou indirectamente noutros.

Esta segunda aventura de Said e Sheila permítenos aprender sobre moitos conceptos de ciencia e tecnoloxía, como o efecto invernadoiro, a enerxía nuclear, os robots e replicantes, os efectos radioactivos…

A través destas novelas, Ramón Caride Ogando consegue que non nos movamos da cadeira ata saber o desenlace, á maneira das grandes historias de aventuras. E de feito unha das técnicas máis exitosas é que os protagonistas nos falan aos lectores e lectoras de ti a ti, como se fosen amizades que nos contan algo que lles aconteceu na realidade.

Por último, hai que destacar a capacidade do autor na creación dunha personaxe feminina que vive aventuras e se afasta dos roles e estereotipos tradicionais. De feito, Sheila é unha rapaza que adora a aventura e que consegue resolver misterios coa axuda do seu irmán, con total naturalidade.

Fichas técnicas

Título: Perigo vexetal

Autor: Ramón Caride Ogando

Ilustracións: Miguelanxo Prado

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 1995

Número de páxinas: 108

————————–

Título: Ameaza na Antártida

Autor: Ramón Caride Ogando

Ilustracións: Miguelanxo Prado

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 1997

Número de páxinas: 120

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Viaxar polo mundo cos libros de Ramón Caride Ogando

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.