O mundo que habitamos é realmente unha fonte continua de inspiración, e hai persoas que o collen para expresar sentimentos de múltiples formas. A poeta Yolanda Castaño e o artista Xosé Tomás volven confluír nun proxecto que toma o mundo na súa diversidade para contalo en poesía e ilustracións, unha idea sinxela mais que non […]
Capturar as historias de taberna, esas anécdotas que se contan entre cuncas de viño e petiscos para amenizar as noites de sosego e os xantares revolucionarios. De aí xermola o libro Algúns contos completos, que publica a editorial Galaxia e que recolle contos da autoría de Domingo Villar aos que acompañan uns preciosos linogravados de […]
Na literatura, o máis difícil de conseguir é a voz propia. A miúdo, as persoas que escriben reflexionan sobre o que lles gusta e poden tentar replicalo ou, o que sería idóneo, interiorizalo e producir unha voz diferente. Aí, nesa orixinalidade vense os verdadeiros escritores e escritoras. A xornalista Ana Cabaleiro despuntou na narrativa galega […]
A Contra natura vén a ser o mesmo que a Transmatria. Daniel Asorey ten claro que o mundo se pode mudar coa poesía ou, polo menos, coa loita en forma de versos, co lume que desprenden. Quizais ser conscientes das inxustizas nos leve a actuar e a non ficar na indiferenza. Leo Contra natura, o […]
Queriamos máis Abad e Barroso e o desexo foinos concedido. Arantza Portabales continúa no camiño da novela policiaca que xa iniciara con gran éxito en Beleza vermella e volve facelo cunha historia na que se ensambla una intriga levada ao estremo coa profundidade psicolóxica e a análise da sociedade actual. “Ao fin de contas, madurar […]
Cada vez que me dá por pensar no que significa este espazo para min, rapidamente me vén á mente a importancia das persoas que estades ao outro lado, das que tedes en conta o criterio do que publico, das que me apoiades neste fío invisible que é a literatura. Nunca cansarei de dar as grazas […]
Se pensamos nos trazos máis habituais da literatura infantil, quizais o máis salientable sexa que a adoitan protagonizar animais, tomando como exemplo as tradicionais fábulas de Esopo pero sen unha moralexa obrigatoria. E é que os animais poden expresar sensacións humanas e axudar a fomentar a capacidade de empatizar da cativada. Iso obsérvase á perfección […]
Os festivais poéticos, os slams ou os directos nas redes sociais son algunhas das fórmulas polas que estamos descubrindo un monte de novas voces que empregan a poesía como forma de expresión, coa que evocar sensacións, explicar o mundo ou cun cariz máis social. O Festival feito a Man, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, […]
A reflexión e o pensamento feminista están chegando a nós de múltiples formas: en libros, en filmes, en camisetas etc. Mais quizais a forma máis interesante é a da banda deseñada ou os albums ilustrados, pois conseguen atrapar a públicos moi diversos. Ademais, no marco de normalización dunha lingua é importante que se traian obras […]
Se coñecedes e lestes a poesía de Xela Arias, á que este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas, case seguro que vos dariades conta da súa escrita feminista e moi apegada aos experimentos literarios dos anos 80 e 90. Eu xa observei iso cando hai xa un tempiño lin a súa poesía reunida, […]