«Álbum» de Charo Lopes

Charo Lopes, autora do poemario "Álbum"

Xa sabedes que Lecturafilia é unha bitácora moi persoal, na que comparto opinións sobre os libros que vou lendo e me deixan pouso, mais tamén as propias obsesións, que non son poucas. Para as persoas que me seguides por aquí e polas redes sociais, non vos sorprenderá que volva incidir na miña busca actual polos libros de poesía e, máis concretamente, por aqueles que transmitan sinceridade e honestidade, condicións que, con todo, non son doadas de conseguir neste mundo ateigado de cinismo e de falacias continuas.

Álbum é unha proposta poética e fotográfica de Charo Lopes, unha  muller polifacética, con estudos de xornalismo, fotografía e literatura, que exerce na actualidade como traballadora autónoma no ámbito da comunicación e como fotógrafa está especializada no retrato dende unha ollada feminista. Todas estas profesións relaciónanse directamente co seu quefacer poético. Precisamente en Álbum, publicada pola editorial Aira e XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense, a autora de Boiro indaga na intrahistoria familiar para analizar a violencia estrutural dun sistema que ataca sempre aos / ás máis débiles. Coa fotografía como inspiración, os versos parten da infancia e percorren distintas vivencias que, aínda non sendo orixinais, si conteñen unha profunda querenza polo propio país e pola familia e seres achegados. Tampouco pasa desapercibida a análise que a autora fai do mundo e das súas complexidades partindo dos detalles e experiencias aparentemente máis nimios, o que nos fai ver esta proposta como un diálogo perfecto entre o pasado, o presente e, mesmo, o futuro.

“agarrar a impotência

levar o berro de ira pendurado

dos lóbulos das orelhas”.

Como sucede con moitos proxectos poéticos que xermolan no noso país na actualidade, Álbum contén moita carraxe nos seus versos. O que aquí se conta ten, por momentos, un certo afán de busca da xustiza e de non deixar que o noso pasado se esfume.

“manter a casa em movimento

como as placas tectónicas”.

Ficha técnica

Título: Álbum

Autora: Charo Lopes

Editorial: Aira

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 66

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.