“De certo, a vida ía en serio”, poesía e reflexións de Xela Arias

Se coñecedes e lestes a poesía de Xela Arias, á que este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas, case seguro que vos dariades conta da súa escrita feminista e moi apegada aos experimentos literarios dos anos 80 e 90. Eu xa observei iso cando hai xa un tempiño lin a súa poesía reunida, que publicou Xerais nunha fermosa edición, e que completo agora coas reflexións que se introducen en De certo, a vida ía en serio, un libro moi necesario para entender o que pensaba esta muller polifacética. A publicación chega de man da editorial Chan da Pólvora neste ano no que Xela Arias é, por fin, protagonista, e coa selección de textos e contornas a cargo da estudosa María Xesús Nogueira Pereira.

De certo, a vida ía en serio toma o título duns versos da autora e tradutora, que din “De certo, a vida ía en serio. / Por iso morrer non conta /números”. Uns versos que emocionan moito, sobre todo se pensamos no nova que ela era cando nos deixou, e resulta inevitable pensar que a súa carreira se viu truncada e que, quizais, o tempo non lle permitiu facer todo o que quixera. Matino nisto, mais o certo é que me sinto incómoda, porque non me gusta pensar nas persoas mortas coma se eu mandase nas súas vidas. Creo que a Xela non lle gustaría isto, e xa que logo, tento interpretar o que ela quería do mundo, e o que pensaba de certos temas como a poesía ou o feminismo, dúas das súas inquedanzas vitais, que artellaba coma armas de loita. Este libro permítenos achegarnos á verdadeira Xela, á que cría na lingua galega, e na poesía espida de condicións. A través de retallos de entrevistas ou fragmentos de poesías de recitais, imos analizando o cariz de Xela Arias, a súa forma de estar no mundo, incómoda e ao tempo con ansias de mudalo.

Sobre a poesía e o idioma, escribe en Congostra en 1988:

“Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados”.

E

“Quixera que o resultado dun poema fose un pasquín crítico, avisador e narcotizante”.

Vou coñecendo a Xela nas distancias curtas, pois este libro é unha viaxe polo interior dunha poeta que dende nova tivo claro o seu lugar no mundo, e o poder da palabra para axudarlle a configuralo. Creo que este ano vai ser o meu favorito das Letras Galegas, porque xa lle tocaba a Xela Arias ser homenaxeada, xa tocaba que a lembrásemos como se merece. Ben certo que as editoriais, institucións e a sociedade en xeral están promovendo moitas actividades nas que ela é protagonista, o que me alegra moitísimo. Seguimos Xela!

Ficha técnica

Título: De certo, a vida ía en serio

Autora: Xela Arias

Selección de textos e contornas: María Xesús Nogueira Pereira

Editorial: Chan da Pólvora

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 110

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.