«Contra natura» de Daniel Asorey

A Contra natura vén a ser o mesmo que a Transmatria. Daniel Asorey ten claro que o mundo se pode mudar coa poesía ou, polo menos, coa loita en forma de versos, co lume que desprenden. Quizais ser conscientes das inxustizas nos leve a actuar e a non ficar na indiferenza.

Leo Contra natura, o novo poemario deste autor que defende o exercicio poético coma unha arma cargada de futuro, e decátome que é unha continuación de Transmatria, no que xa deixara ver a súa preocupación polos dereitos das persoas invisibilizadas, sobre todo das trans, que agora mesmo están no foco dun debate que non tería por que selo se todas tivésemos en conta que os dereitos humanos non son negociables.

Pertenzo a unha identidade borrada

a unha tribo sen nome

nin deusas nas igrexas.

Sobrevivín, por iso, oculta da luz

para non morrer de sede

naquel desterro de castigos”.

Sigo a carreira literaria de Daniel Asorey dende Nordeste, un libro no que explora o asasinato dos cangaceiros, a banda salteadora máis grande do Brasil, no ano 1938 a mans da policía, e que eu definía coma “un libro tan intenso que impacta coma unha bala no corazón”. Despois chegou a Transmatria, que lle valeu o Premio Johán Carballeira de Poesía e que constituía a súa primeira incursión no terreo poético, que realizou cunha mestría sorprendente, demostrando que a literatura ten o deber de non ficar neutral ante o mundo que habitamos. Ese labor reivindicativo volve verse en Contra Natura, que acaba de publicar a Deputación Provincial da Coruña logo de que o autor se fixese co Premio Miguel González Garcés de Poesía no 2020. Os dous poemarios relaciónanse moi intimamente, de xeito que ben poderían ser o mesmo, cuns versos nos que a loita e a reivindicación son as características principais.

Contra natura contén unhas ilustracións fermosísimas de Blanca Millán que advirten das inxustizas e conteñen esa dualidade á que son sometidas as persoas trans: a invisibilidade social e a desexada xustiza de que se respecte a súa identidade. Creo que estes versos chegan no momento exacto, cando a sociedade volve dubidar e polarizarse diante da Lei Trans, coma se tivésemos que avanzar un paso e retroceder dous. Non pode ser!

Vai sendo hora de lembrarmos os elos da liñaxe,

os triángulos malditos.

As bágoas caídas por amar”.

Ficha técnica

Título: Contra natura

Autor: Daniel Asorey

Ano de publicación: 2021

Editado pola Deputación da Coruña

Número de páxinas: 65

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.