Trobeir*s do século XXI, un percorrido polos poemas que non só se escriben

Os festivais poéticos, os slams ou os directos nas redes sociais son algunhas das fórmulas polas que estamos descubrindo un monte de novas voces que empregan a poesía como forma de expresión, coa que evocar sensacións, explicar o mundo ou cun cariz máis social. O Festival feito a Man, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, é unha referencia no verán musical de Galicia pola variedade do programa e a súa fusión con novos formatos urbanos de Compostela.

Precisamente a modo de homenaxe a esta forma de recitar e como un escaparate do que se fai no país, a editora Chan da Pólvora publicou o libro Trobeir*s do século XXI, un percorrido polos poemas que non só se escribe, e no que atopamos moitísimos homes e mulleres que, como se di na contracapa, “morderon o aire para facelo poesía”. Con estilos moi diversos, esta obra destaca pola súa capacidade para propoñernos algunhas das voces que están dando que falar ou que o farán nun futuro inmediato, e permítenos, así mesmo, tomar o pulso do que se está facendo na Galiza e das novas formas poéticas. Recoñezo que, por estes dous motivos, este libro merece moitísimo a pena, sobre todo para aquelas persoas que desexen achegarse á poesía galega actual e non saiban por onde comezar.

Lara Rozados é a encargada de escribir un epílogo a esta edición, no que destaca o papel que xoga a poesía oral, contada e cantada, no noso país, a través de festivais tan coñecidos como Alguén que respira, con sede no Teatro Principal de Compostela, o Festival de Poesía do Condado, que enche Salvaterra de Miño de letras, a Pontepoética de Pontevedra ou mesmo a Semana da Poesía Salvaxe, en Ferrol. Todos estes eventos demostran que a poesía é un exercizo de militancia, de reivindicación, de non renderse e de ficar coa chama prendida. Noutro momento, Rozados tamén fala da poesía e da relación cos nosos corpos, é dicir, da poesía performativa, cuxas características son: dilúense as fronteiras entre códigos, non se presenta unha idea unívoca de suxeito, a relación co AQUÍ e AGORA é fundamental, e todo está impregnado de certo carácter transgresor.

E a que poetas atoparemos aquí? A Margarita Ledo Andión, Antón Reixa, Ana Romaní, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lupe Gómez, Marta Dacosta, Fran Alonso, Carlos Callón, Xabier Cordal, Manolo Cortés, Xoán Carlos Rodríguez, Serxio Iglesias, Celso Fernández Sanmartín, Samuel Solleiro, Roi Visal, O Leo, Carlos Santiago, María Lado, Lucía Aldao, Silvia Penas, Elvira Riveiro, Xabier Xil Xardín, Isaac Xubín, Oriana Méndez, Estevo Creus, Antía Otero, Iolanda Zúñiga, Olalla Cociña, Xiana Arias, Antón Blanco, Jesús Castro Yáñez, Susana Sánchez Aríns, Miriam Reyes, Celia Parra, Mónica Sánchez, Afonso Traficante, Alba Cid, Quico, Iago González, Belén Senín, Serxio Abalo, Lupita Hard, Nuria Vil, Vanessa Glemsel, Alexandre Fernández Peón, Daniel Amarelo, Carmen Conde, Carlos Aira, Luís Kaf, Malvarez moscoro, Alba María, Lupe Blanco, Duke Sam, Silvia Casa e Xosé Manuel Dopazo Entenza.

Non deixedes de lel*s!

Ficha técnica

Título: Trobeir*s do século XXI, un percorrido polos poemas que non só se escriben

VVAA

Editorial: Chan da Pólvora

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 158

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.