Que pasaría pola vosa cabeza se dun día para outro alguén vos deixase unha herdanza que vos solucionase a vida para uns cantos anos? Acaso cambiaría algo se non coñecésedes a esa persoa de nada? E se tivese unha historia escura? Sobre esas preguntas pivota a nova novela de María Solar, titulada precisamente A culpa […]
Un home foxe de alguén, do pasado ou de si mesmo, e avanza cara adiante, case sen alento, buscando un futuro sen saber sequera se o haberá. Camiña precipitadamente dende a Colonia, nun ambiente que o afoga, que o apreixa, que lle fai perder case a vida. De aí, dese lugar, que é en realidade […]
Os premios literarios sempre son unha boa oportunidade para descubrir novas voces, e o Illa Nova de Narrativa, que convoca a editorial Galaxia e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés, actúa como un bo medidor do que se está cocendo nas letras galegas novas. Cun estilo coa intriga como elemento fundamental, e moi na […]
“A meirande parte das historias comezan co primeiro latexo dun corazón. Un son suave e remoto, o sinal dunha vida que se inicia”. Hai moitos libros que me fixeron lectora, pero se tivera que dicir o momento exacto en que entendín o sentido da literatura foi a raíz da descuberta da colección Fóra de Xogo, […]
“Penso, o coñecemento é o único perdón que se pode acadar”. Se tivese que resumir nunha soa frase o argumento de Proleterka de Fleur Jaeggy sería esa. Aínda así, e despois dunhas cantas semanas despois da súa lectura, penso que é complexo clasificar esta novela, pero quizais é nesa incomprensión onde radica a súa grandeza, […]
“É potencial en todos os humanos, pero poucos o desenvolven. E só se pode aprender durante a infancia- afirmou-. A mente dos adultos non acepta que todo o que imaxina é posible, ata para moitos de nós é complicado”. Que pasaría se non puidésemos soñar? Que fariamos se tivésemos a capacidade de xogar cos soños […]
As disidencias sexuais identitarias non se inventaron no século XXI, como algunhas persoas se empeñan en facernos crer, pois cada vez saen máis documentos e manifestacións culturais que demostran que dende sempre houbo persoas atrapadas en corpos errados e que non se adaptaban ao que a sociedade marcaba como normalidade. Para as persoas incrédulas convídovos […]
Ás veces cando paseo por un lugar que non coñezo moito e vexo unha casa pechada, dou en imaxinar que historias se agochan detrás desas portas e ventás que quizais hai tempo que non se abren ao sol. Soño coas persoas que habitaron eses espazos, e co momento no que deixaron de facelo polas circunstancias […]
Hai uns anos topei de casualidade, como acontece sempre cos bos libros, con A fiestra aberta, dun home para min daquela descoñecido, Juan Parcero. Lembro ben que lin parte desta historia na Illa de Ons, un espazo que casaba á perfección co que nela se contaba, na que os sentimentos e a parte máis escura […]
Teresa Moure é unha muller que me encanta. As súas novelas, as súas reflexións e os seus estudos sempre supoñen un desafío para min, pois con eles, e a través deles, aprendo moito sobre outras formas de habitar o mundo. Porque Moure é ante todo unha escritora sobre as marxes, que sempre nos afasta do […]