Todos agochamos misterios nas nosas vidas. Tes ata as dez, o libro de Francisco Castro publicado en galego pola editorial Galaxia e recentemente traducido ao castelán por Suma de Letras, xoga con esta idea tan universal, xuntando a morte coas preguntas que sempre quedan tras dela. Digo isto porque toda a novela arranca co pasamento […]
A semana pasada coñecín a escrita de Xosé Monteagudo coa súa recente novela Todo canto fomos. Gustoume tanto, que me levou a indagar máis na súa literatura e a bulir á biblioteca a coller As voces da noticia, novela coa que gañara o Premio Blanco Amor no ano 2002. Aínda que dista moito da recente […]
“Ás veces pregúntome que misteriosas propiedades ten o tempo para que, sen que nada cambie, todo sexa diferente”. Para coñecer o noso presente é preciso que sempre botemos a nosa vista atrás, cara ese pasado que nos precede e que nos inflúe máis directamente do que pensamos. Ata chegar ao que hoxe somos, os nosos […]
A poesía une camiños, une ás mentes máis sentidas dunha lingua e dun país. Por iso, aínda que non por ser menos estraño, nace o libro 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, unha preciosa edición de Biblos que se configurou contando coa colaboración de nada máis e nada menos que trinta e seis […]
Dende que teño uso de razón levo lido moitas novelas sobre a Guerra Civil e sobre as súas cruentas consecuencias entre a poboación: os asasinatos, a falta de liberdades, o sentimento de medo e o exilio interior e exterior. Estes efectos están presentes nos libros que tratan esta temática, mais quizais poucos se atreven a […]
Unha novela de personaxes, feminista e una radiografía dos problemas sociais. Así se define a nova novela de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, editada por Galaxia e que supón unha mirada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama. Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana […]
O pasado mércores asistía á presentación do último libro de Francisco Castro, que se titula precisamente Amor é unha palabra coma outra calquera. Precisamente foi nesta conversa cando o autor vigués repetiu incesantemente que o único que nos queda é o amor, movido tamén polo pasamento do grande Agustín Fernández Paz. Amor é esa palabra […]
Fai tempo que veño seguindo a Ramón Nicolás nas redes sociais e na súa web Caderno da crítica, onde sube a diario novas do mundo editorial en galego ademais de fermosas críticas que teñen como virtude a súa profundidade e coñecemento de quen leva máis de dúas décadas exercéndoa. Ademais Nicolás escribe semanalmente no suplemento […]
Cando era pequena lembro esas tardes nas que fuxía do mundo e me refuxiaba no medio da herba seca das veigas que rodeaban a miña casa. Facíao premeditadamente, xa que buscaba ese espazo salvaxe para gozar da lectura das aventuras de Los Cinco, eses libros tan xeracionais que creou o gran Enid Blyton, ou de […]
Sempre fun pouco lectora de poesía, pero o certo é que na actualidade, e cada vez máis, sinto a necesidade de contrastar sensacións, de ver como as miñas tolemias se atopan nalgún verso dalgún poema. Coma min, supoño que moitas persoas, que devecemos por atopar esa alma xemelga que observara un mesmo momento ca ti. […]