“A nómina macabra trema escrita nas pizarras da noite. Non haxa esquencemento” X. M. Álvarez Cáccamo Cando os falanxistas viñeron buscar á súa casa de Vilaboa a Manolo da Socorra, os seus fillos sempre lembraron que lles quitaron todo, o máis básico, os recunchos que construían as súas vidas, e ata cortándolle unha maceira que […]
Un breve comentario de por que me gustou tanto Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro “Pero hoxe descubriu A Frase. Hoxe revelóuselle una Verdade Absoluta: Amor é só una palabra, Nada máis que una palabra. Coma calquera outra. Non pode ser un lugar, una realidade, un algo. É una palabra coma […]
Dúas librarías pechan cada día en España, estatística que semella a hecatombe para todos aqueles que aínda cremos que salvar o espazo é posible coa forza dos libros. No mundo tan inmediato e globalizado de hoxe están en continua loita dúas realidades: a dun mundo que se fragmenta entre moitos produtos culturais accesibles desde diferentes […]
A existencia é unha traxedia? Ou, talvez, unha comedia? Con estas dúas preguntas comeza Pedro Feijoo a esbozar o argumento da súa novela más cómica, Morena, perigosa e románica, unha volta de torca na súa narrativa xa que, tras Os fillos do mar e A memoria da choiva, nos que o misterio estaba tan presente, o […]
Moitas veces nos preguntamos os porqués da escolla dunha determinada profesión, dun camiño concreto no noso devagar día a día, pero en moi poucas ocasións atopamos unha resposta. No libro Dende o conflito, co que a escritora e tradutora galega María Reimóndez gañou en 2014 o Premio Xerais de Novela, atopamos os porqués de Saínza […]
«Resultábame imposible esquecer os ollos de Xoana, alegres, dispostos ao atrevemento. A actriz Audrey Hepburn fora o meu ideal de muller guapa. Xoana lembrábame a Audrey Hepburn, pero tiña unha chispa, unha presteza, unha réplica latente que eu non asociaba coa famosa artista». Así comeza a chispa do amor descrita polo sueco Staffan Mörling no […]
Recoñezo que sempre sentín curiosidade por coñecer o pasado das vilas e lugares polos que paso nalgún momento. Por iso non resulta estraño que, levando xa seis meses no Concello de Bueu (Pontevedra), me sentise fortemente atraída por afondar na historia das Illas Ons, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e que se sitúan […]
Roubo un dos versos de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, para empezar este comentario arredor do impacto que me deixou dito poemario pola realidade coa que trata o tema do maltrato. O poemario, gañador do Premio Johán Carballeira de Poesía 2014, foi editado por Xerais e presentado o pasado sábado en Bueu, durante […]
Recoñezo que leo pouco na miña lingua, pero cando rompo o xeo sempre o fago con moita ilusión e con moito sosego (esta característica non é algo que eu manteña en todos os libros, nos que me invaden case sempre unhas ganas inmensas de avanzar sen descanso). Con ganas comecei Os pantalóns nunca foron cousa […]
O mundo da pesca e do mar na costa galega está cheo de misterios, está dotado dunha personalidade propia e as xentes destes lugares viven sempre co medo a ese xigante das ondas. As vilas mariñeiras como Panxón viven principalmente dos produtos mariños e do turismo, e con moito esforzo.