Homenaxe da poesía galega a Lorca

Federico García Lorca nunha visita a Betanzos en maio do 1932

A poesía une camiños, une ás mentes máis sentidas dunha lingua e dun país. Por iso, aínda que non por ser menos estraño, nace o libro 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, unha preciosa edición de Biblos que se configurou contando coa colaboración de nada máis e nada menos que trinta e seis poetas das catro provincias de Galicia. O fin? Realizar unha homenaxe aos Seis poemas galegos publicados por Lorca, e con motivo do centenario da primeira visita do poeta granadino a Galicia no ano 1916. Tamén é este ano o do oitenta aniversario do seu fusilamento, que coincide co do editor Anxel Casal, que foi quen primeiro se lanzou a publicar o poemario do gran poeta en galego.

Unha serie de efemérides coinciden no tempo, e con ese afán de oportunidade nace o poemario que temos entre mans, conformado en seis grupos, e nos que hai seis poemas conxuntos e un de cada un dos autores/as participantes, que representan o mellor da poesía actual de hoxe. E entre poema e poema, ilustracións marabillosas de artistas e pintores/as galegos. Como vemos, unha obra moi da casa.

Seis poemas galegosTiven ocasión de acudir á presentación de 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca que se organizou a pasada semana en Bueu, Pontevedra, e foi emocionante ver como o traballo e a unión sempre fan a forza. Suso Díaz e Helena Villar Janeiro foron os coordinadores xerais, e ambos recoñecen que esta obra naceu coma un experimento, máis tamén como unha forma de reivindicar a figura de Lorca en Galicia e de Ánxel Casal como editor, quen apostou por publicar esta e tantas moitas propostas.

O resultado é unha coidada edición, na que os construtores/as de versos se deixan levar polo seu lado máis profundo e indagan nunha conversa con Lorca, co significado deses seis poemas nos que o granadino mostrou o seu dominio e amor pola lingua de Rosalía de Castro. Este exercicio de reflexión, de conversa con Lorca, é do que nacen as marabillas que aquí atopamos, e que nos achegan unha idea máis que clara do potencial poético que hoxe se respira polas rúas dos pobos galegos.

Están por aquí Marica Campo, Modesto Fraga, Emma Pedreira, X.H. Rivadulla Corcón, Marta Dacosta, Ledicia Costas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Paco Souto, Yolanda Castaño, Xiana Arias Rego, Miguel Ángel Alonso Diz, Lucía Novas, Ismael Ramos Míriam Ferradáns, e tantos outros aos que vos convido a coñecer.

Encantoume especialmente o poema de Suso Díaz, que é unha conversa co famoso «Chove en Santiago» e que din nos primeiros versos «Compostela é unha bágoa // nun mar de pedra. // Alicerces tecidos no vento da memoria».

Ficha técnica

6poemas6portada-e1449519958782Título:  6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca

Coordinadores: Suso Díaz e Helena Villar Janeiro

Editorial: Biblos Clube de Lectores

Ano de publicación: 2015

Número de páxinas: 70

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.