O espello do mundo

Ramón Nicolás, autor de "O espello do mundo"
Ramón Nicolás, autor de «O espello do mundo»

Fai tempo que veño seguindo a Ramón Nicolás nas redes sociais e na súa web Caderno da crítica, onde sube a diario novas do mundo editorial en galego ademais de fermosas críticas que teñen como virtude a súa profundidade e coñecemento de quen leva máis de dúas décadas exercéndoa. Ademais Nicolás escribe semanalmente no suplemento Fugas de La voz de Galicia e é patrono da Fundación Celso Emilio Ferreiro, ademais de ter realizado diversas traducións e ensaios sobre autores como Manuel Luís Acuña, Álvaro Cunqueiro ou Lugrís Freire, entre outros.

O espello do mundo é a súa primeira incursión no mundo da novela, e aproba con sobresaliente, pois consegue unha historia na que mestura o mundo actual cos documentos históricos arredor do cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense).

Como lectora atopei na figura de Martiño un amigo moi achegado, pois, a quen non lle ten pasado de visitar un mosteiro, igrexa ou calquera outro monumento e pensar na historia que se pode agochar tras del? Martiño visita á súa avoa nunha residencia de anciáns, e un día calquera atópase cunha muller que lle di ter uns documentos do pasado desa residencia, antes un convento. A partir de aí comeza o camiño de investigación, que dá lugar a unha historia pouco coñecida do noso pobo, como é a de San Pedro de Ramirás, e a súa desaparición como cenobio.

“A Martiño non lle sae da cabeza o enigma que representa Hildegarda, nin a imaxe da súa avoa Remedios, de Ermidas, de Margarita a monxa clarisa, de Icía, do legado que chegou ás súas mans… O seu é a Historia mais pregúntase desacougado que tipo de Historia é a que a el lle ensinaron. Como era posible que descoñecese todo sobre Hildegarda e case todo sobre as circunstancias do seu tempo? Como, malia especializarse na historia medieval, non fora máis consciente até agora do tesouro que encerraban os textos conservados, onde alentaban milleiros de vidas e historias ocultas agardando, talvez, cobrar nova vida?”.

Conforme imos avanzado, vanse alternando diversas formas de narrar, nas que destaca a correspondencia de Ona Guiomar, abadesa de San Pedro de Ramirás, cunha alemá de nome Hildegarda von Bingen. No medio do enigma da novela emerxen estas verbas entre dúas mulleres que loitaron por un mundo máis xusto, e aberto ás novas investigacións. Nesas cartas revélanse remedios naturais para diversos problemas de saúde, polo que debido á súa perigosidade estiveron agochadas durante tanto tempo.

Que é realidade e que ficción? Aí radica a maxia deste espello do mundo.

Ficha técnica

XG00246501Título: O espello do mundo

Autor: Ramón Nicolás

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 191

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.