Todo canto fomos

Xosé Monteagudo, autor de "Todo canto fomos"

“Ás veces pregúntome que misteriosas propiedades ten o tempo para que, sen que nada cambie, todo sexa diferente”.

Para coñecer o noso presente é preciso que sempre botemos a nosa vista atrás, cara ese pasado que nos precede e que nos inflúe máis directamente do que pensamos. Ata chegar ao que hoxe somos, os nosos antepasados tiveron que transitar por uns camiños non sempre doados.

Sobre esta interacción entre o pasado e o presente e a nosa historia reflexiona o escritor Xosé Monteagudo na súa última novela titulada precisamente Todo canto fomos, a cal percorre moitas das arestas da historia galega do pasado século. Ese presente aparécenos da man dun escritor de novelas policiais que amence un día coa noticia da morte da súa nai e que descobre que na vida da súa nai atópanse agochadas certas mentiras obrigadas polo tempo vivido. Este home, afincado en Londres, volve á súa Pontevedra natal para levar consigo uns escritos cos que descubrirá o seu pasado e novelará no seu próximo libro.

En capítulos breves e con moito ritmo, o autor vainos bosquexando, sen tregua, as vidas de varios personaxes en tempos moi diferentes, que se confunden co noso: un home que emigra a Buenos Aires e alí consegue o éxito laboral, unha mestra que soña con cambiar o mundo da aprendizaxe e ensinar ás mulleres, unha moza que rexenta a libraría dos seus pais e que coñece o amor a través dos libros, e ata un rapaz con familia mariñeira que remata por ser un estudoso do galeguismo. Eles son a alma dunha Galiza que se foi, pero que é a nosa, a dos que nos precederon.

Todo canto fomos lévanos inevitablemente a todo o que hoxe somos, esa é a realidade que se transpira nestas historias que derivan nunha saga familiar que non podes parar de ler, cuns personaxes cos que te encariñas facilmente. Todos eles e elas son prototipos dun tempo, aínda que destaco a figura de Carlota, a mestra que non dubidou en crear unha pequena escola nunha vila galega na que ensinar a ler e a escribir ás mulleres rurais que daquela non tiñan máis formación que a de facer as tarefas da casa. O cometido de querer cambiar o mundo sempre acaba chocando cos intereses das persoas do poder, e iso é o que a ela lle acontece. Aínda que todos os personaxes están maxistralmente trazados, Carlota é para min todo un símbolo, unha persoa que sentín como unha irmá miña, e coa que me identifiquei dende o primeiro momento.

E mentres toda a nosa historia pasa diante dos nosos ollos, o escritor que indaga nas raíces da súa familia, reflexiona sobre o oficio de escribir, sobre os quebracabezas que se atopan na mente de todo novelista, a interacción entre realidade e ficción e as marxes entre unha e outra, a calidade dunha novela e a súa relación coas vendas, o sentido e os porqués da escrita no mundo… Por iso non resulta estraño que poidamos ver a Xosé Monteagudo tras este personaxe, que me levan de novo a comparalo coa narradora que se atopa tamén no último libro de Inma López Silva, Aqueles días nos que eramos malas, publicada tamén na Editorial Galaxia.

Ficha técnica

9788498656954Título: Todo canto fomos

Autor: Xosé Monteagudo

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2016

Número de páxinas: 532

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.