Memoria de cidades sen luz

Inma López Silva, autora de "Memoria de cidades sen luz"
Inma López Silva, autora de «Memoria de cidades sen luz»

Dende que teño uso de razón levo lido moitas novelas sobre a Guerra Civil e sobre as súas cruentas consecuencias entre a poboación: os asasinatos, a falta de liberdades, o sentimento de medo e o exilio interior e exterior. Estes efectos están presentes nos libros que tratan esta temática, mais quizais poucos se atreven a facelo dende a perspectiva da mirada da infancia. A guerra rouba moitas cousas, e afecta á memoria, aos recordos e lembranzas.

Inma López Silva non só se atreveu, senón que tamén o fixo coa súa pluma maxistral. Memoria de cidades sen luz, Premio Blanco Amor no ano 2007, non deixa de ser unha novela sobre a memoria, sobre eses tempos pasados que parece que se foron pero sempre volven. O protagonista ve un día como toda a súa familia é asasinada, mentres el logra agocharse debaixo da cama e ver os feitos a través dos flecos do cobertor. Nese momento é salvado por unha muller que se chama Lucía, coa que emprende un camiño de fuxida arredor de varias capitais como A Coruña, Barcelona, París ou Bos Aires.

«Cantos nenos vin eu mortos nas mans dos seus asasinos, das mans da propias  nais, incluso. Non, naquel día de 1928 na que comezou a vida miña, Lucía non podía nin imaxinar o que habiamos ter que ver e todo por culpa de non quedar cegos cando aínda estabamos a tempo»

Ao longo da súa andadura imos vendo como se van aparecendo esas cidades sen luz, ás que a guerra tapizou coa negrura quitándolle o seu brillo habitual. Nelas vai atopando a persoas que van construíndo a súa vida e que o fan avanzar cara adiante. Con todo, e como diciamos, o pasado sempre teima en regresar, e por iso o narrador vive co desexo de atopar algún día ao asasino da súa familia, ao que lle mudou a súa vida naquel día gris de antes da guerra.

O misterio é unha das fórmulas que emprega a autora santiaguesa para envolvernos con esta historia ficcional, pola que pasan persoas tan reais e influíntes na época coma Ánxel Casal, María Casares, Santiago Casares Quiroga, Albert Camus… Todos eles coinciden nalgún momento co protagonista, que vai narrando a súa peripecia vital coma se dunha novela de viaxes se tratase.

Están presentes en Memoria de cidades sen luz os soños, esas ilusións que todos e todas temos cando nenos, e tamén eses espazos que quedan e que sempre serán vistos desde a ollada da infancia: os xogos na praia do Orzán, as películas de Ava Gardner, o café Savoy, ou a aprendizaxe das lecturas nos libros de Ánxel Casal. Eses lugares e experiencias quedan paralizados no tempo, e cando se volve a eles, xa nada é igual. De novo, o paso do tempo.

Ficha técnica

Memoria de cidades sen luzTítulo: Memoria de cidades sen luz

Autora: Inma López Silva

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2008

Número de páxinas: 340

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.