As horas roubadas

María Solar, autora de "As horas roubadas"
María Solar, autora de «As horas roubadas»

O pasado mércores asistía á presentación do último libro de Francisco Castro, que se titula precisamente Amor é unha palabra coma outra calquera. Precisamente foi nesta conversa cando o autor vigués repetiu incesantemente que o único que nos queda é o amor, movido tamén polo pasamento do grande Agustín Fernández Paz. Amor é esa palabra que fai que o ser humano se distinga das demais especies, e Castro tamén destacou a importancia de dicir un “quérote” aos achegados todos os días. Quero entroncar esta experiencia coas sensacións que me achegou o último libro da xornalista María Solar, As horas roubadas, publicada en galego pola editorial Xerais e en castelán por Grijalbo.

E é que aquí o amor e a paixón son os temas centrais, nunha historia que tamén trata de preto a morte e que nos leva ao 1979, un ano clave, na que os españois nos estabamos aínda acostumando a convivir con certas liberdades consideradas antes impensables, como é o caso da Lei do Divorcio.

A intriga está presente dende a primeira páxina, e o amor tamén, un amor que nos retrotrae varias xeración atrás e que demostra que a pesares das circunstancias, se dúas persoas se queren vano seguir facendo ao longo das súas vidas.

É esta unha novela de personaxes, de familias que descobren algúns dos inventos deses anos aperturistas, como é o caso da televisión a cor, que tanto furor causou nos fogares españois. As reaccións dalgúns personaxes ben poderían ser as de calquera dos nosos avós.

Conviven nesta novela varias xeracións que loitan contra eses tempos que lles tocaron vivir e que non se resignan ao inmobilismo, trazo que xa se nota desde a dedicatoria: “Para todas as mulleres que romperon as súas ataduras e nos fixeron máis libres”.

Quédome con María Solar e esta marabillosa historia de diversos amores, perfecta para ler na praia mentres escoitas de fondo o bufar das ondas e do trafegar das familias pola area. Porque unha historia con tanta vida precisa dun ambiente vital coma este.

 “A rutina esmaga os sentimentos, esgota amores, insensibiliza as persoas, enxordece os berros, fai normal o anormal e consegue que un se acostume a vivir como vive e non loite por outra cousa”.

“Co tempo aprendes que as cousas poden cambiar nun instante, igual que poden permanecer enquistadas sen moverse nin un milímetro durante anos, e o cambio depende só dunha decisión. Pero hai decisións que se soñan mil veces e nunca se ten valor de facelas realidade”.

Ficha técnica

XG00253001Título: As horas roubadas

Autora: María Solar

Ano de publicación: 2016

Editorial: Xerais (publicada en castelán en Grijalbo)

Número de páxinas: 232

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.