Non hai nada máis atraínte para min que atoparme con historias que se presentan como raras, xa que iso simboliza que vou atopar algo diferente e case sempre, unha forma de literatura novidosa. A orixinalidade no tema e no seu tratamento é a característica que máis destaca en Sangue 12, novela coa que a coruñesa […]
Aínda resta moito camiño por facer nisto da visibilidade das mulleres en todos os eidos da vida, máis concretamente nas artes. Por iso hai que dar os parabéns a editoriais valentes coma Urco Editora, especializada sobre todo na fantasía, que ten no seu catálogo un fermoso proxecto literario coñecido como “Mulleres bravas da nosa historia”, […]
Confeso que nunca antes me rira tanto cun libro como ao ler a Caitlin Moran e o seu Como ser muller, traducido ao galego da man da editorial Rinoceronte. Confeso tamén que era un libro que, dende que o vira publicado xa fai uns anos, tiña moitas ganas de lelo, aínda que nunca atopara a […]
O xornalismo é un oficio que se aprende a base de anos e anos de exercelo. Levar moitas noticias e reportaxes ás costas vén a ser parte do éxito desta profesión. E máis cando combinas o oficio periodístico co de escritor, tal e como fai Salvador Rodríguez Pastoriza (Bueu, 1963) no seu máis recente libro, […]
Enfrontarse a un pasado onde a veces xusta recoñecerse. A memoria xóganos malas pasadas. Eses son os temas sobre os que transita a nova novela de Celia Díaz Núñez, que se titula Unha verdade amarga, na que navegan varias personaxes silandeiras e cun pasado de débedas pendentes, amores agochados, aldraxes amoreadas e moitos, quizais demasiados, […]
Dabondo é coñecido que se aprende máis historia coas persoas e cos libros de ficción que cos ás veces mal chamados libros de texto. Cando pensamos que o sabiamos todo sobre as nosas orixes e o pasado, sempre vén unha persoa que nos descobre que non sempre nos contaron a verdade, e que a historia […]
“Sublebábame agardar á súa morte para ateigalo de loas e homenaxes, como tantas veces se fixera con outros persoeiros da cultura. Con Afonso eu quería chegar a tempo”. Atendendo á cita anterior xa tod@s saberemos que estamos diante dunha historia sobre a memoria histórica. E indo máis alá, o libro do que está sacada é […]
Hai historias que quedan en nós coma o salitre. Antes non o entendía, mais agora que vivo nun pobo mariñeiro doume conta de que o mar é esa forza que nos entristece e que nos alegra a partes iguais, ese tótem que fai que aquilo que vivimos tome máis importancia e que ata os personaxes […]
Teño que confesar que sinto unha tentación especial polos libros que falan de libros, e dos sentimentos que estes nos evocan. Ante esta declaración, non sorprenderá que me declare fan absoluta de Bibliópatas e fobólogos, o recente libro de Emma Pedreira no que recolle relatos e microrrelatos nos que se fala da paixón literaria. Unha […]
Marta Dacosta é unha combatente en todos os ámbitos da vida. Por iso, dende a súa faceta política ata a máis poética, atopa ela a voz para erguerse e para rebelarse ante as inxustizas do mundo. Con ansias de combate lemos Na casa da avoa, o seu poemario máis recente no que as mulleres somos […]