Historias de galegos extraordinarios

Salvador Rodríguez, autor de "Historias de galegos extraordinarios"

O xornalismo é un oficio que se aprende a base de anos e anos de exercelo. Levar moitas noticias e reportaxes ás costas vén a ser parte do éxito desta profesión. E máis cando combinas o oficio periodístico co de escritor, tal e como fai Salvador Rodríguez Pastoriza (Bueu, 1963) no seu máis recente libro, Historias de galegos extraordinarios. Un exercicio moi interesante que,  cunha técnica semellante á de Liboreiro Blues, consiste en escribir pequenos artigos sobre moitos dos “galegos extraordinarios”. Aos lectores/as pode entrarlles a dúbida de que xentes atoparemos por aquí.

Como ben di Ánxel Vence no prólogo, “o propio das xentes deste país é saírse do común”, motivo polo cal semella que ser galego e ser extraordinario é todo un. Así o demostran todas e cada unha das persoas das que Salvador fala neste novo libro, no que o xornalismo se nota en cada parágrafo, cando se nos falan de fontes escritas, ou mesmo cando el fala con familiares ou persoas que puideron coñecer as xestas ou aventuras que aquí se recollen.

As historias de galegos na guerra do Vietnam ou no campo de Mauthausen conviven coas do fotógrafo de Gardel, a menina de Velázquez, a guerrilleira que militou xunto a Fidel Castro, o mago Waldemar, o pillo Princesa de Borbón… e veñen a desempeñar un duplo obxectivo. Dunha banda, son un claro exercicio de xornalismo, demostrando que a función desta profesión é a de buscar historias fóra do común. Por outra, ten unha función histórica, pois rescata do esquecemento a moitas figuras que non son abondo coñecidas no noso país.

Tamén poderiamos entrever neste título, e no contido das historias, un claro afán de orgullo do escritor, un sentimento que deriva do mero feito de ser compañeiro de persoas tan extraordinarias.

As historias e momentos aquí recollidos non teñen un espazo concreto, senón que se espallan por toda Galicia e, incluso, por todo o mundo. Ao final vai ser ben certo iso que se di de que ata hai un galego na lúa. Comprobado!

Ficha  técnica

Título: Historias de galegos extraordinarios

Autor: Salvador Rodríguez Pastoriza

Editorial: Belagua

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 123

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.