Bibliópatas e fobólogos

Emma Pedreira, autora de "Bibliópatas e fobólogos"

Teño que confesar que sinto unha tentación especial polos libros que falan de libros, e dos sentimentos que estes nos evocan. Ante esta declaración, non sorprenderá que me declare fan absoluta de Bibliópatas e fobólogos, o recente libro de Emma Pedreira no que recolle relatos e microrrelatos nos que se fala da paixón literaria.

Unha paixón vista desde o humor máis intelixente, desde unha perspectiva nada nostálxica, senón máis ben de risa e ata de protesta nalgúns casos. Temos aquí historias nas que a voz narradora declara que escribe para non engordar, mulleres que confesan os seus pecados tras ler aos rusos en vez de a Biblia, outras que escriben cartas a escritores dos que admiran a súa literatura, e ata unha relación de epitafios orixinais e incribles que se atopan en determinadas tumbas.

Esta nova proposta de Emma é todo un descubrimento literario, xa que nel explóranse os formatos curtos, ao tempo que se fai unha crítica mordaz a todo o sistema actual, onde cada vez se lle dá menos importancia ás letras. Disto fala en todos e cada un dos relatos, e máis concretamente en “Fobólogos”, no que se leva ao estremo o empobrecemento que está sufrindo a nosa lingua ante as novas expresións carentes de significado.

No medio de tanto humor e crítica, o certo é que todo o libro transpira poesía e nostalxia, e ata nos leva polo camiño da memoria para facernos lembrar como comezamos nisto da lectura. Como no relato “Animación á lectura” na que unha voz se confesa así:

Fora unha lectora serodia, aínda que vivira sempre entre os libros. Da biblioteca herdada do seu avó materno encargárase ela. De nena practicaba a orde alfabética aprendida na escola e repasaba os lombos dos libros cun pano de felpa, domesticamente. Removía o po, chocáballes a sombra, virábaos unha e outra vez para que o sol non os queimase sempre do mesmo lado, deslucíndoos, cociñábaos coma torradas para o almorzo, pero nunca os abrira para non velos espidos, como nunca abrira o armario dos traxes da avoa para verlle as tripas”.

Cada palabra está aquí mimeticamente colocada para emocionarnos e para defender a lectura como táboa de salvación, idea que cómpre destacar máis ca nunca.

Ficha técnica

Título: Bibliópatas e fobólogos

Autora: Emma Pedreira

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 145

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.