Unha verdade amarga

Celia Díaz Núñez, autora de "Unha verdade amarga"

Enfrontarse a un pasado onde a veces xusta recoñecerse. A memoria xóganos malas pasadas. Eses son os temas sobre os que transita a nova novela de Celia Díaz Núñez, que se titula Unha verdade amarga, na que navegan varias personaxes silandeiras e cun pasado de débedas pendentes, amores agochados, aldraxes amoreadas e moitos, quizais demasiados, anos de silencio.

Unha verdade amarga é unha historia que se le rápido, aínda que sosegada debe ser a reflexión que fagamos os lectores tras o seu remate, pois os temas que trata son diversos e con moita repercusión na actualidade. A historia parte da reclamación de Daniel Pereira, quen inicia os trámites para unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado. A partir deste momento, a autora vai alternando a vida destes dous homes, cos de Pilar e Carlos e Aurelio e Marta, cos que se tece un fío invisible que nos leva a ver todo o que agochan as familias ao longo do tempo.

A novela parte dun feito moi concreto, pero toda ela artéllase coma un exercicio de loita contra a perda da memoria do vello Aurelio quen vai vendo deterioradas as súas funcións e perdendo os recordos da súa vida. A súa filla Pilar é a que verá moi de preto este proceso imparable, que é descrito con moita dureza e precisión:

“A enfermidade de Aurelio avanza a ritmo moito máis rápido e agresivo do esperado. As confusións, os esquecementos e as dificultades de expresión eran cada día máis notorios. A súa personalidade mudaba tamén e mantíñase apático e sen interese a maior parte do día. Nin sequera as conversas e os xogos que Alberto lle propoñía obtiñan resposta favorable. O seu carácter tornábase paso a paso máis irritable e foran xa varias as ocasións en que contestara con reproches ás mostras de cariño de Pilar. Os cambios de humor convertéronse en síntomas evidentes de que a deterioración da súa mente era xa imparable”.

Con todo, e a pesar de que é unha historia necesaria, Unha verdade amarga adoece de non ter máis dimensión e profundidade. A complexidade da trama ben merecerían un cento máis de páxinas, pois dános a sensación de que a historia queda a medias e cunha resolución moi fraca e precipitada.

Ficha técnica

Título: Unha verdade amarga

Autora: Celia Díaz Núñez

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 165

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.