Na casa da avoa

Marta Dacosta, autora de "Na casa da avoa"

Marta Dacosta é unha combatente en todos os ámbitos da vida. Por iso, dende a súa faceta política ata a máis poética, atopa ela a voz para erguerse e para rebelarse ante as inxustizas do mundo. Con ansias de combate lemos Na casa da avoa, o seu poemario máis recente no que as mulleres somos as protagonistas. Unha proposta na que as mulleres do pasado e as do presente berran para non ficar xa endexamais caladas.

Nesta casa da avoa atopamos as primeiras mulleres que soportaron sobre os seus lombos as durezas das vidas de loita e sacrificio, que foron protagonistas do que hoxe somos, mais ás que ninguén homenaxeou antes. A historia xa non poden seguir escribíndoa somentes os homes, senón que as mulleres xogan un papel vital, protagonista. Así foi dende sempre, ata que agora comezan a agromar as nosas voces.

son elas as que tensan as redes

e fan voar as agullas

elas, quen

tamén

abren camiños aos homes que arriban heroes

mentres os pechan para si mesmas”

Os poemas de Marta son un combate continuo, e son de obrigada lectura para que o mundo non se aletargue, para que sigamos loitando contra todo o que se nos impuxo e que en realidade non nos identifica: unha loita contra o silencio, contra a violencia, contra ser alguén diferente…

Como a mesma autora recoñeceu en varias ocasións, toda a literatura, incluída a poesía, debe comunicar sempre algo, loitar contra as inxustizas, e máis nun tempo no que xa é hora de “destecer” e de volver coser os fíos que nos roubaron. Xa é hora de que as mulleres falen por si mesmas.

Algúns dos poemas aquí recollidos parten de referencias icónicas, para a partir dunha imaxe crear unha vida imaxinada na que se erixe tamén parte das nosas existencias. É o caso da imaxe tirada por Ruth Matilda Anderson, fotógrafa que se interesou polo rural galego e que retratou a moitas mulleres nas súas labores, caso d’ A leiteira, que aparece aquí e na que Marta pensa para darlle unha nova vida.

Mentres lía Na casa da avoa fixen un exercicio de introspección, tentei ver dentro de min quen son e quen foron todas as mulleres que me antecederon e que fixeron posible que hoxe crea en que o cambio é posible. A verdade é que Marta ensina que a vergoña que sentimos xa non debe ser tida en conta hoxe en día, pois as mulleres debemos comezar a vernos como en realidade somos, e non baixo miradas machistas.

Sempre convén lembrar, recuperar a memoria. E de verdade que cada día valoro máis esta poesía combativa, na que os puños equivalen ás palabras, e as armas son os versos que disparan na nosa conciencia para non deixarnos indemnes e provocar unha inminente reacción. Grande Marta!

Ficha técnica

Título: Na casa da avoa

Autora: Marta Dacosta

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 88

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Na casa da avoa

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.